© Federación Autismo Galicia | 09/03/2023 | A Federación Autismo Galicia convoca ao seu colectivo da Rede de entidades a unha experiencia compartida con motivo da conmemoración do Día Mundial do Autismo.
A Federación Autismo Galicia convoca ao seu colectivo da Rede de entidades a unha experiencia compartida con motivo da conmemoración do Día Mundial do Autismo.
Mural Art Experience, é unha experiencia compartida, na que construír e sumar, no camiño do recoñecemento social do autismo, reclamando aceptación, tolerancia e respecto, mirando de fronte e con orgullo as nosas fortalezas e tamén as nosas necesidades, coas que con valentía loitamos dia a día. Nesta actividade os nosos trazos reivindican o TEA, chamándoo polo seu nome Te, E, A, Trastorno do Espectro do Autismo.
DATA: 31 de Marzo de 2023.
HORARIO da Actividade: 11:00h. – 14.30h.
MODALIDADE: PRESENCIAL.
LUGAR: Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.
PERSOAS DESTINATARIAS: Dirixido a persoas con TEA, familias, profesionais e demais persoas interesadas.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o mércores 22 de marzo de 2023.
PROGRAMA:
11:00h: Benvida a todas as persoas participantes.
Recibirémosvos na entrada do auditorio.
11:00h . RECEPCIÓN E Presentación da actividade.
- Benvida a cargo de Mª Mercedes Fernández, presidenta da Federación Autismo Galicia.
- Benvida a cargo de Adriana Pazos, responsable de Comunicación e Incidencia Social da Federación Autismo Galicia.
- David Planas, artista, contarannos como será a actividade.
11:30H . INICIO DAS ACTIVIDADES:
A duración das actividades serán de 11.30 h a 13. 30 h. A actividade principal é Mural Art Experience. As actividades secundarias ás que podedes acceder son Collage experience e Sinature experience.
ACTIVIDADE PRINCIPAL. MURAL ART EXPERIENCE
Esta actividade esta a cargo do recoñecido artista David Planas.
Desenvolvemento: Construiremos un mural en compañía das nosas familias, das persoas coas que traballamos e profesionais con quen compartimos o noso día a día, baixo a supervisión do artista David Planas e o equipo da Federación Autismo Galicia.
ACTIVIDADES ALTERNATIVAS que podedes realizar:
ACTIVIDADE 2. COLLAGE EXPERIENCE
ACTIVIDADE 3. SINATURA EXPERIENCE
13.30h a 14:00h: ACTO OFICIAL: Contaremos coa compaña de representantes da Consellería de Política Social e Concello de Santiago de Compostela.
- Abre o acto a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo
- Intervención do Concello de Santiago, a cargo da tenente do alcalde de Concello de Santiago, Mercedes Rosón Ferreiro
- Intervención do director xeneral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fernando González Abeijón
- LECTURA do MANIFESTO a cargo de Álex Rodríguez Lorenzo, persoa con autismo da entidade “Por Eles TEA”.
- Agradecementos da presidenta da Federación Autismo Galicia e peche do acto.
14.00h a 15:00h: Pinchos.
DESCRICIÓN:
Traballar en equipo asegura o éxito.
Henry Ford
O trazo de cor dá forma á túa composición. Ti e todas as persoas con autismo reinventades o destino cunha mirada distinta, creativa, única. Un traballo en equipo que modela o futuro, creando un novo destino, no que podamos formar parte plenamente da sociedade e do mundo que nos rodea, un mundo de aceptación e coñecemento do TEA.
Mural Art Experience, é unha experiencia compartida, na que construír e sumar, no camiño do recoñecemento social do autismo, reclamando aceptación, tolerancia e respecto, mirando de fronte e con orgullo as nosas fortalezas e tamén as nosas necesidades, coas que con valentía loitamos dia a día. Nesta actividade os nosos trazos reivindican o TEA, chamándoo polo seu nome Te, E, A, Trastorno do Espectro do Autismo.
Construiremos un mural en compañía das nosas familias, das persoas coas que traballamos e profesionais con quen compartimos o noso día a día, creando lazos para seguir avanzando xuntas, man a man, trazo a trazo, nunha sinfonía de cor tan infinita e variable como o é o TEA.
Este taller participativo-cooperativo será supervisado e guiado polo artista David Planas, e o equipo da Federación Autismo Galicia.
Comezaremos coa benvida das persoas participantes e a explicación da actividade. Logo darémoslle a cada grupo o seu material e mostrarémoslles como usalo para crear os seus murais/lenzos. Os equipos intervirán os lenzos, que terminarán unindo nun único mural colectivo.
Unha vez distribuído o material e dadas as explicacións de cada grupo, os equipos terán que traballar no seu mural, vivindo unha experiencia activa, creativa e de colaboración.
Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social e Xuventude.