Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 01/03/2023 | Unha perspectiva autista: encontrando o equilibrio entre as dificultades e a felicidade. Fundación Menela.

Unha perspectiva autista: encontrando o equilibrio entre as dificultades e a felicidade. Fundación Menela.

Yasmín Cortez colabora coa Fundación Menela na conmemoración do Día Internacional das persoas con Síndrome de Asperger (18 de febreiro) compartindo a súa experiencia de vida como muller con Síndrome de Asperger.

04/03/2023 -

Yasmín Cortez colabora coa Fundación Menela na conmemoración do Día Internacional das persoas con Síndrome de Asperger (18 de febreiro) compartindo a súa experiencia de vida como muller con Síndrome de Asperger. “Unha perspectiva autista: encontrando o equilibrio entre as dificultades e a felicidade” é o título da conferencia que teremos o pracer de escoitar, e que terá lugar este sábado 4 de marzo de 2023 na Sala de Conferencias da Sede Afundacion de Vigo (Rúa Policarpo Sanz 26) en horario de 17:30h a 19:30h.

 

Para unha mellor organización do acto precisamos que te inscribas enviando o teu nome, apelidos e DNI a edificiocami@menela.org.

En caso de que non nos poidas acompañar, informarte que a conferencia retransmirase vía streaming a través do canal youtube da Fundación Menela.

Esperamos que sexa do voso interese.

 

Lugar de celebración:

Sala de Conferencias da Sede Afundacion de Vigo ( Rúa Policarpo Sanz 26 )

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades