Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 14/10/2021 | Son ANTÓN, teño autismo e recoñecido o 85% de discapacidade. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son ANTÓN, teño autismo e recoñecido o 85% de discapacidade. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a ANTÓN. As persoas con TEA teñen dereito a desenvolver as súas capacidades, con independencia da complexidade das súas necesidades de apoio. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?

14/10/2021

Hoxe presentamos a Antón. CAMPAÑA #ISTOÉTEA #SomosTEA #SON1Máis

Son ANTÓN, teño autismo e recoñecido o 85% de discapacidade. Asisto a un servizo de Atención Diurna Especializada. Vou ao centro todos os días de 10:00 a 17:00 horas e fago un montón de actividades distintas cos meus compañeiros e compañeiras coa axuda dos monitores do centro. A miña actividade favorita é o obradoiro de coiro: facemos chaveiros, baleira petos, carteiras...

Ista é a realidade de moitos rapazes coma min:

"Coma mín, os meus compañeiros e compañeiras, vivimos na nosa casa e acudimos diariamente ao noso centro onde nos facilitan unha serie de programas individuais que nos axudan a manter as nosas capacidades para ser o máis autónomos posibles."

Moitas persoas necesitan axudas no seu día a día. Eu tamén.

Estas son os meus principais APOIOS:

  • Son unha persona non verbal, para comunicarme preciso de apoios visuais como os pictogramas.
  • Necesito dunha persoa que me apoie na realización das miñas tarefas diarias.
  • Na casa son os meus pais e no centro un monitor de referencia. Eles son as persoas que mellor me coñecen.
  • As rutinas son moi importantes no meu día a día, danme moita seguridade.
  • Necesito axendas, calendarios e horarios para xestionar as actividades da vida diaria e poder comprender as opcións para así tomar as miñas propias decisións.

As miñas fortalezas compensan moitas das miñas dificultades:

  • Son moi alegre e chisposo.
  • Encántame facer rir ós meus.
  • Son unha persoa moi meticulosa na realización das miñas tarefas.
  • As miñas pezas de coiro son impecables, e as que máis gustan!!
  • Teño unha gran capacidade de concentración. Os traballos repetitivos son os que máis me motivan, son incansable!

 

En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.

Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.

O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.

Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).

O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como: 

E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.

A heteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexionar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.

Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.

"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.

A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.

Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.

O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Fernández Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira e Sara Piñeiro (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

COÑECE A CAMPAÑA ISTO É TEA:

Son César, teño autismo e recoñecido o 33% de discapacidade. Son deseñador gráfico. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Carmiña teño autismo e vivo nunha residencia. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son BRAIS, e son un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento.

Son Paula, teño autismo, e estou estudando oposicións para correos. CAMPAÑA ISTO É TEA

Segue a campaña ISTO É TEA.

#IstoéTEA

#SonUNMÁIS

#SomosTEA

SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:

https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias