Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 15/09/2021 | CURSO PRÁCTICAS RECOMENDADAS EN ATENCIÓN TEMPERÁ E TEA

CURSO PRÁCTICAS RECOMENDADAS EN ATENCIÓN TEMPERÁ E TEA

Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA. PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO

22/10/2021 -

PROGRAMA DE FORMACIÓN 2021. CURSO: PRÁCTICAS RECOMENDADAS EN ATENCIÓN TEMPERÁ E  TEA

Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade

CONSULTA O DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO

Obxectivos:

  • Identificar e recoñecer as prácticas recomendadas en Atención Temperá baseadas na evidencia científica actual.
  • Ser capaz de diseñar, planificar e intervir establecendo un Programa Individualizado de Apoio Familiar ( PIAF).
  • Fortalecer a colaboración dos profesionais e familias para o desenvolvemento funcional do/a neno/a e a calidade de vida familiar.
  • Coñecer ferramentas do modelo baseado en rutinas para desenvolver prácticas recomendadas en Atención Temperá.

 

PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO

Data de realización: 22 e 23 de outubro  de 2021

Lugar de realización: Modalidade Online a través de ZOOM

Horario

  • Venres 22 outubro: 17:00 a 20:00
  • Sábado 23 de outubro: 10:00 a 14:00

Número de prazas: 100

Prazo de inscrición: ata o 11 de outubro  2021. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso. Teñen preferencia os profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

 

DOCENTE: MARGARITA CAÑADAS PÉREZ

Terapeuta Ocupacional e Antropóloga, con Doctorado no campo da Atención Temperá e a Familia. Directora e docente  do Centro de Educación Infantil e Atención Temperá  da  Universidade Católica de Valencia . Dende fai 15 anos colabora na implementación de prácticas centradas na  familia en diferentes organizacións e asociacións  a nivel nacional e internacional.

 

Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

Lugar de celebración:

Modalidade Online a través de ZOOM.

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades