Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 11/06/2021 | Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento. ISTO É TEA

Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento. CAMPAÑA ISTO É TEA

Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a Raúl, que ten recoñecida o 33% da discpacidade e quere traballar. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?

11/06/2021

Son Raúl e teño autismo.

Teño recoñecida o 33%de discapacidade. Estou a facer prácticas para axudante de mantemento  que quero traballar. Teño moito que aportar.

Cando empecei a traballar necesitei apoios como ter a información das actividades e os distintos pasos que tiña que facer para realizar o meu traballo.
Tiña esa información nun caderno cos pasos que tiña que dar...Ademais tiña un calendario cos tempos e espazos nos que tiña que traballar.

Agora algúns destes apoios xa non os necesito.Tamén me axuda que o meu encargado/compañeiro dáme instrucións claras e se hai un cambio na nosa rutina de traballo dimo antes. Axúdame moito. Traballo nun ambiente tranquilo, e teño boa relación cos compañeiros. Gústame o meu traballo! Son un máis!

Ista é arealidade demoitas persoas coma min:

Na actualidade unha gran parte das mulleres e homes con TEA atopan grandes dificultades para acceder e manter un posto de traballo, aínda dispoñendo da cualificación necesaria para desenvolvelo.
Dentro deste marco, as persoas con discapacidade, e en concreto, os homes e as mulleres con Trastorno do Espectro do Autismo son un dos colectivos con maiores dificultades de participación comunitaria eacceso ao mercado laboral.

ISTO É TEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?

En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.

Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.

O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.

Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).

O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como: 

  • Acceder a un diagnóstico precoz e a unha atención temperá especializada. 

  • Gozar de recursos educativos e comunitarios, adecuados ás necesidades e preferencias individuais. 

  • Dispoñer dunha ampla rede de apoio social que fomente a participación na comunidade.

E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.

A eteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexinar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.

Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.

"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.

 

A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.

Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.

O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

Segue a campaña ISTO É TEA.

#IstoéTEA

#SonUNMÁIS

#SomosTEA

SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:

https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134

 

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias