Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 09/06/2021 | Publicadas as convocatorias da Consellería de Política Social para axudas económicas a través do programa Respiro Familiar.

Publicadas as convocatorias da Consellería de Política Social para axudas económicas a través do programa Respiro Familiar.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021.

10/06/2021

Consellería de Política Social

ORDE do 26 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

COSULTA E DESCARGA TODA A INFO NA PUBLICACION DO DOG

ORDE do 26 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS614B).

Esta convocatoria pretende seguir avanzando na mellora da conciliación das familias galegas e fomentar novas actividades, coa finalidade de que estas dispoñan dun abano máis amplo de posibilidades que dea resposta aos supostos de necesidades puntuais; deste xeito, ademais da modalidade Respiro en residencia, o programa de Respiro familiar para persoas coidadoras subvencionará a prestación de servizos de atención e coidado no propio domicilio da persoa en situación de dependencia ou con discapacidade, a través da modalidade Respiro no fogar.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a persoas coidadoras dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2021, así como proceder á súa convocatoria.

Así pois, para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras, defínense as actuacións subvencionables a través das seguintes modalidades do citado programa:

a) Modalidade de Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.

b) Modalidade de Respiro en residencia, para financiar estadías temporais en centros residenciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes

  1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  2. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal./tramites-e-servizos/chave365).
  3. O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias