Noticias
© Federación Autismo Galicia | 10/10/2019 | Xornada de atención a diversidade
A Federación Autismo Galicia participa no encontro con entidades e asociacións de atención á diversidade.
O encontro recolleu as necesidades do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e abordou as novas actuacións e liñas nas que traballa a Consellería de Educación
10/10/2019
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e representantes de entidades e asociacións de atención á diversidade en Galicia mantivemos o día 8 de Outubro unha xuntanza, que serviu para analizar e poñer en común o traballo desenvolto no último medio ano a favor da atención á diversidade no sistema educativo galego co fin de ofrecer unha resposta o máis axeitada posible ás demandas deste alumnado.
Dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abordaron as actividades realizadas e as novas liñas de acción que desenvolverán.
A Conselleira Carmen Pomar, presentou a firma de novos convenios de colaboración e os recentes protocolos específicos de atención educativa , como o protocolo de atención a alumnado con discapacidade auditiva ou o de altas capacidades intelectuais. Inspección educativa colabora no seguimento dos protocolos, en continua revisión e actualización.
Formación do profesorado.
Un dos principais eixos de actuación é a formación do profesorado, no que tocaran tamén aspectos aptitudinais e actitudinais dos docentes, formación para os EOE e Departamentos de Orientación. Así como tamén a formación ao recente profesorado que se incorpora ao sistema educativo, no que haberá un bloque específico de atención á diversidade.
Dende Autismo Galicia incidimos na obriga de seguir traballando na formación do profesorado e na necesidade de dar resposta os recursos de apoio necesarios para o alumnado con TEA.Estratexias e plans.
A Consellería de Educación desenvolverá dende o plan Educonvives un plan de choque contra o acoso escolar, poñendo énfase na detección e prevención dende o profesorado, familias e alumnado.O novo plan, Educainclusión, terá recollidas as demandas que se trasladan no traballo conxunto de esta xornada e irá en línea de traballo de cara á detección de alumnado con necesidades, e de dar respostas axustadas. En relación a isto, traballaráse no marco de actualización da normativa de atención a diversidade ( Decreto 229/2011, do 7 de decembro).
A través do antigo Programa de innovación PITEAS, agora SEMGAL, que segue o método SEM, formaráse á formadores de docentes. Neste programa participará o centro de educación especial Menela da Federación Autismo Galicia.
Outras intervencións
Estanse a desenvolver os premios anuais de boas prácticas inclusivas aos centros educativos, aos que se presentaron 74 centros de educación infantil e primaria.
Agradecemos estas xornadas de traballo conxunto, imprescindibles para mellorar a atención ao alumnado con TEA.
Archivada en:
Infórmate > Noticias