Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia. CC-BY-SA Pixelín Photo | BenCuriosa | 23/11/2022 | A Federación Autismo Galicia impulsa a accesibilidade cognitiva na Xornada de Cultura Accesible.

A Federación Autismo Galicia impulsa a accesibilidade cognitiva na Xornada de Cultura Accesible.

O pasado xoves 17 de novembro de 2022 tivo lugar a Xornada de Cultura Accesible no centro Ágora da Coruña, Autismo Galicia participou na mesma, xunto con outras entidades e personalidades do eido da accesibilidade de Galicia, presentando as actuacións desenvoltas de xeito específico en materia de accesibilidade cognitiva para a mellora do acceso á cultura, e o impulso da participación cidadá na oferta cultural.

 

23/11/2022

As barreiras de acceso para o desfrute da oferta cultural.

Organizouse o pasado xoves a Xornada de Cultura Accesible, que expuxo as necesidades en accesibilidade que as persoas presentan no acceso á cultura na nosa comunidade.

A xornada deu resposta a cuestións relacionadas cá accesibilidade física, sensorial e cognitiva que afectan a máis dun 30% da poboación con necesidades específicas. A participación, de xeito autónomo e independente, da cidadanía na oferta cultural da súa contorna debe ser unha prioridade para a nosa sociedade. Federación Autismo Galicia aportou a súa experiencia có servizo de accesibilidade cognitiva, tanto en contextos educativos, de saúde ou sociais (nos que se inclúe a actividade cultural en diferentes espazos e colectivos culturais).

A nosa participación nas xornadas, puxo encima da mesa as necesidades das persoas con trastornos do neurodesenvolvemento e dificultades cognitivas e de comunicación, como as persoas con TEA –Trastorno do Espectro do Autismo- as cales representamos e reivindicamos os seus dereitos. As medidas en accesibilidade cognitiva axudan á xente con dificultades cognitivas a levar unha vida autónoma e a súa participación no entretecido social e cultural da súa contorna, rompendo as barreiras que imposibilitan o seu desenvolvemento pleno.

A nova Lei de Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia.

Esta xornada actuou como antesala do que será o desenvolvemento práctico da nova lei galega de cultura inclusiva e accesible , onde se recollen os diferentes regulamentos e propostas para axeitar a cultura da nosa comunidade, e mellorar o seu acceso para o desfrute de toda a cidadanía.

Autismo Galicia forma parte do grupo de entidades sociais que presentaron aportacións á lei de cultura inclusiva e accesible que está próxima a publicación por parte do Goberno da Xunta.  Nestas aportacións, reflíctense as necesidades a nivel cognitivo que representan as barreiras no aceso á oferta cultural, para as persoas con TEA ou con dificultades cognitivas.

A lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, ten por obxecto o desenvolvemento dunha participación efectiva, inclusiva e accesible en calquera ámbito e manifestación da cultura. Autismo Galicia, dende o seu servizo específico de accesibilidade cognitiva e baixo a nova modificación da lei estatal xeral dos dereitos das persoas con discapacidade e engadindo o decreto de accesibilidade (Lei de 6/2022 de 31 de marzo), promove actuacións específicas onde se conformen actividades para toda diversidade de públicos, e aplíquense medidas de mellora en accesibilidade cognitiva promovendo as boas prácticas na materia.

Podes ampliar información na nosa edIción dedicada a CULTURA E AUTISMO Revista Maremágnum Nº23

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias