Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 22/11/2022 | Enquisa sobre hábitos deportivos para persoas en situación de discapacidade.

Enquisa sobre hábitos deportivos para persoas en situación de discapacidade.

Se eres unha persoa con discapacidade gustaríanos que cubriras a «Enquisa sobre hábitos deportivos para persoas en situación de discapacidade» no idioma da túa preferencia.

22/11/2022

Nos últimos meses, o CERMI Galicia, a través da comisión de deporte, da que Autismo Galicia forma parte, participou nun grupo de traballo sobre Deporte e persoas con discapacidade coa dirección xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia e a subdirección Xeral de programas de fomento de estilos de vida saudables, a Fegamp e diferentes axentes relacionadas co deporte e cas persoas con discapacidade.

Este grupo levará a cabo unha diagnose das limitacións que atopan as persoas con diversidade funcional na práctica deportiva, co fin de elaborar un documento de recomendacións e cambios dirixidos a todos aqueles axentes involucrados no ámbito deportivo (administración, concellos, instalacións deportivas privadas, fundación deporte galego, formación…).

Neste tempo deseñamos dous cuestionarios, un cuestionario dirixido os centros deportivos e outro as persoas con discapacidade, para coñecer o contexto como primeiro paso para poder elaborar a guía que permita mellorar o accesibilidade das persoas con discapacidade ao deporte.

 

Se eres unha persoa con discapacidade gustaríanos que cubriras a «Enquisa sobre hábitos deportivos para persoas en situación de discapacidade» no idioma da túa preferencia.

Galego: http://enquisas.xunta.gal/index.php/455678?lang=gl

Español: http://enquisas.xunta.gal/index.php/455678?lang=es

Moitas grazas pola túa participación!


 

Archivada en:
Infórmate > Noticias