Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 17/11/2022 | Autismo Galicia e a asociación Asperga realizan un webinario dixirido a profesionais do Colexio Oficial De Terapeutas de Galicia. Recursos e estratexias para a atención a persoa con autismo.

Autismo Galicia e a Asociación Asperga realizan un webinario dixirido a profesionais do Colexio Oficial De Terapeutas de Galicia. Recursos e estratexias para a atención a persoa con autismo.

Esta formación dirixida a colexiados oficiais de Terapia Ocupacional enmarcouse dentro da iniciativa do proxecto da Federación Autismo Galicia 1 de 100 Plus, dando así prioridade a un proceso de sensibilización cara os profesionais de terapia ocupacional, que están en contacto directo coas persoas con TEA.

 

17/11/2022

Sensibilización e as boas prácticas nos servizos profesionais de Terapia Ocupacional para as persoas con autismo.

A Federación Autismo Galicia xunto co Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais, embarcouse nun seminario online para os/as colexiados/as o  sábado 12 de novembro de 2022.

As persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) poden ter dificultades na comunicación social e na inflexibilidade de pensamento e de conduta, ademáis pode ter dificultades por exemplo no desenvolvemento da autonomía, no desenvolvemento físico e na integración sensorial.

Aparte da avaliación do desevolvemento da persoa con TEA, o profesional de terapia ocupacional pode abordar diferentes dificultades nas persoas con TEA, como por exemplo:

  • A falta de interese pola interacción social que vai a ter un impacto sobre a participación, exploración e desenvolvemento do xogo.
  • A afectación da comunicación verbal e non verbal que vai a inflúe na participación nas relacións sociais, de educación e familiares.
  • Intereses restrinxidos que repercuten nun lecer limitado ou nulo.
  • A alteración do procesamento sensorial que xera un impacto sobre a alimentación, gustos limitados e falta de regulación sensorial impedindo así unha boa aprendizaxe.
  • Diminución de ton muscular, control muscular, mala coordinación, dificultades de praxes, entre outras consecuencias.
  • Rutinas inflexibles que poden interferir sobre as actividades da vida diaria e a súa autonomía persoal (AVD’S).

Na xornada coñecemos estratexias en estas medidas de accesibilidade cognitiva, e  reflexionamos sobre a importancia de controlar os estímulos ambientais, atendendo á organización do espazo de traballo, as características sensoriales (visuais, auditivas, vestimulares,etc), as función executivas (abstracción, planificación) e a unha mellora na comprensión para facilitar o acceso a intervención terapéutica á persoa con TEA

Esta formación dirixida a colexiados oficiais de Terapia Ocupacional enmarcouse dentro da iniciativa do Proxecto da Federación Autismo Galicia 1 de 100 Plus, dando así prioridade a un proceso de sensibilización cara os profesionais de terapia ocupacional, que están en contacto directo coas persoas con TEA.

DESEÑO UNIVERSAL EN TODOS OS ÁMBITOS DA NOSA SOCIEDADE: O PROXECTO 1 DE 100 PLUS.

O proxecto 1 de 100 Plus pretende incidir sobre a necesidade fundamental de ter profesionais formados en accesibilidade cognitiva e na especialización de TEA que palíen o descoñecemento e vulnerabilidade co que frecuentemente atópanse na atención e o acceso aos servizos, as persoas con TEA.

O proxecto 1 de 100 Plus, da Federación Autismo de Galicia é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña e está destinado a superar barreiras cognitivas e comunicación social que obstaculizan o desenvolvemento autónomo da persoa con trastorno do espectro do autismo, en diante TEA, nos servizos e centros sanitarios que realizan o apoio terapéutico ás súas necesidades.

Ten como obxectivo á sensibilización por medio dunha serie de formacións gratuítas enfocadas aos profesionais do ámbito sanitario para achegar as particularidades do trastorno do espectro do autismo e as estratexias en accesibilidade cognitiva para a mellora das intervencións e contornas sociosanitarias.

1 de 100 Plus pretende formar a especialistas dos diferentes colexios profesionais, ademais de contribuír á sensibilización, á mellora do coñecemento dos profesionais colexiados e a tecer redes de colaboración por medio de conferencias formativas.


 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias