Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 15/11/2022 | Son Mario, teño 31 anos e vivo nunha residencia. Teño TEA e Discapacidade Intelectual Severa Con graves problemas para a comunicación. CAMPAÑA ISTO É TEA

Son Mario, teño 31 anos e vivo nunha residencia. Teño TEA e Discapacidade Intelectual Severa Con graves problemas para a comunicación. CAMPAÑA ISTO É TEA

Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a MARIO, persoa adulta con autismo. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?

 

15/11/2022

Hoxe presentamos a MARIO. CAMPAÑA #ISTOÉTEA #SomosTEA #SON1Máis.

"Son Mario, teño 31 anos e vivo nunha residencia. Teño TEA e Discapacidade Intelectual Severa Con graves problemas para a comunicación. Non entendo a linguaxe oral, para min é opaco e necesito apoiarme en signos para comunicarme. Esta limitación me fai ser inflexible porque necesito crear rutinas para controlar a miña vida. Polo tanto os resulta difícil coñecer os meus gustos, as miñas peculiaridades, os meus medos, o que aborrezo…É un reto importante para cada un das persoas que me prestan apoios.

Algunhas persoas me coñecen mellor que outras, a miña nai, os meus monitores de referencia, pero como non os poñen por escrito, ese coñecemento non pasa ás outras persoas que tamén están implicadas na miña vida.

Desta maneira, me sinto moi inseguro porque a miña vida depende moito da persoa que me acompañe. Non sempre me sinto comprendido, escoitado, respectado e me costa manter o meu equilibro emocional. Vivo intranquilo e preocupado. Non son oposicionista pero a veces me resulta máis cómodo e estable dedicarme a permanecer sentado e durmido nun sofá, non molesto nin me molestan.

Necesito que a xente me acompañe, me coñeza, comprenda e trata do mesmo xeito, coas súas diferencias individuais como persoas que somos todos pero con prudencia, saber facer comigo e positividade. Me gusta sentir que me respectan, me gusta vivir momentos seguros, activos, participativos, porque me sinto motivado.

Me preocupa estar con persoas novas porque cos meus monitores de referencia anticipo o que me espera, como me van tratar pero cando non están, con eles desaparece o coñecemento que teñen sobre min.

Me pecho en mi mesmo, me durmo, me quedo inactivo para non molestar pero ás veces me enfado porque algún sistema de defensa teño que crear e ensinar os meus límites. Co meu enfado expreso o que me gusta e o que non, pero non basta para comunicar o meu sentir. Necesito que os meus monitores non so vexan a miña conducta e tratan de indagar as súas causas para que me podan apoiar cada día mellor. Os problemas de comportamento non son inherentes ao Trastorno do Espectro Autista. As conductas desafiantes cumpren na miña vida unha función que non podo pedir ou transmitir de outra maneira porque non comunico ben. Con elas logro evitar facer actividades que me desgustan, expresar o que me frustra, esixir os meus dereitos e as condicións que para min ten que reunir un entorno que sexa respectuoso.

Teño hábitos peculiares, gustos particulares, necesidades especiais que son importantes para a miña vida. Algúns poden ser difíciles de aceptar pero me poden axudar a reconducir as cousas sen violencia. Moitas veces as miñas conductas empeoran porque non son respectuosos comigo. É normal que me enfada para expresar o meu descontento, incomodidade ou frustración. Para min, o ambiente ideal ten que ser rutinario, previsible, tranquilo, positivo e gratificante. Iso me da seguridade.

O saben ou intúen os meus monitores de confianza pero non poden irse coa información que teñen sobre as características dunha contorna e relación para min amigables. Iso é un problema que repercute de forma directa e intensa sobre o meu benestar emocional e polo tanto a miña actitude na vida en comunidade.

Doume conta que como todos, eu tamén vou cambiando. Os que me coñecen ben o notan e espero que vaian modificando a información que comparten con outros sobre min para asegurar o meu dereito a ser ben comprendido, escoitado e tratado porque teño dereitos.

Por certo, teño autismo e discapacidade intelectual grave, pero quero que saibades que non son asocial, que desfruto cos cumpridos, felicitacións e moitas relación sociais…previsibles".

En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.

Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.

O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.

Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).

O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como: 

E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.

A heteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexionar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.

Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.

"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.

A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.

Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.

O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Fernández Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira e Sara Piñeiro (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

 

 

ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

 

 

 

COÑECE A CAMPAÑA ISTO É TEA:

Son ANTÓN, teño autismo e recoñecido o 85% de discapacidade. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son César, teño autismo e recoñecido o 33% de discapacidade. Son deseñador gráfico. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Carmiña teño autismo e vivo nunha residencia. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son BRAIS, e son un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento.

Son Paula, teño autismo, e estou estudando oposicións para correos. CAMPAÑA ISTO É TEA

Segue a campaña ISTO É TEA.

#IstoéTEA

#SonUNMÁIS

#SomosTEA

SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:

https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias