© Federación Autismo Galicia | 08/11/2022 | WEBINARIO FOMENTAR O ENVELLECEMENTO ACTIVO DAS PERSOAS CON TEA. DIFICULTADES E OPORTUNIDADES.
WEBINARIO FOMENTAR O ENVELLECEMENTO ACTIVO DAS PERSOAS CON TEA. DIFICULTADES E OPORTUNIDADES.
O curso está destinado principalmente a familias e persoas con TEA. Estará aberto a profesionais do ámbito sanitario e social, educación e distintos ámbitos de interese. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
"Envellecer é unha conquista social. Que unha persoa con TEA teña unha boa vellez tamén depende de como se lles mire e de como se lles fale".
PROGRAMA E SERVIZOS PARA FAMILIAS E PERSOAS CON TEA.
Obxectivo: Reunir información das persoas con TEA ou familias sobre o seu envellecemento e ofrecer ferramentas de apoio que axuden, orienten e fomenten o envellecemento activo, e polo tanto, melloren a calidade de vida das persoas maiores con TEA
Data de realización: 24 de novembro de 2022
Lugar de realización: Modalidade Online a través de ZOOM
Horario: 17h - 19h
Número de prazas: 100
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
Persoas destinatarias: O curso está destinado principalmente a familias e persoas con TEA. Estará aberto a profesionais do ámbito sanitario e social, educación e distintos ámbitos de interese.
Darase prioridade a familias de persoas con TEA e persoas con TEA maiores de 40 anos.
Prazo de inscrición: ata o 21 de novembro de 2022. Confirmaráselle a praza por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición.
DOCENTE: GONZALO BERZOSA ZABALLOS
Psicólogo e xerontólogo. Licenciado en Filosofía e Letras. Experto en Educación Permanente de Adultos e en animación sociocultural. Máster en Xerontoloxía, Xestión de Centros Sociais e en Recursos Humanos. Director do Instituto de Formación en Xerontoloxía e Servizos Sociais (INGESS).
Foi Presidente de Nagusilán Madrid, organización de voluntariado para maiores, Director do Máster en Xerontoloxía Educativa e Social da Universidade Complutense de Madrid e profesor en cursos de máster das Universidades de Madrid, Selecta, Salamanca, Lérida, Murcia, Estremadura e País Vasco.
Participou como profesor en cursos de formación de profesionais do IMSERSO, institucións penais, Cruz Vermella e Escola Nacional de Saúde. Realizou diferentes publicacións sobre temas de xerontoloxía, envellecemento activo, servizos sociais, discapacidade intelectual, voluntariado social, desenvolvemento organizacional e habilidades directivas
PROGRAMA
1. Envellecer é un proceso individual, pero envellecer ben é un proceso comunitario.
Papel dos equipos profesionais e da contorna familiar.
2. Envellecer ben non se improvisa. Envellecemos como vivimos
Desempeñar roles socialmente valorados na vida adulta
3. Tres eixos de intervención para promover un envellecemento saudable:
· Saúde e autocoidado
· Sociabilidade e relacións interpersoais
· Presenza social e actividades gratificantes
4. A vellez, unha etapa vital que a persoa con TEA vai vivir.
Xerar imaxes de bo envellecer para promover modelos a imitación.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das personas físicas (IRPF).
Lugar de celebración:
Modalidade Online a través de ZOOM.