© Federación Autismo Galicia | 30/09/2022 | COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO. XORNADA FORMATIVA con Capaces Lugo.
COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO. XORNADA FORMATIVA con Capaces Lugo.
Destinado ao profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.
O vindeiro sábado 15 de outubro a nosa entidade CAPACES LUGO ofrecerá a xornada formativa "COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO", será impartida pola relatora Marlene Horna, Psicóloga colexiada, especialidade clínica e social. Máster en Atención temperá. Diploma de estudos avanzados. Dende hai máis de 15 anos traballa apoiando a nenas/os e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R da asociación ASPANAES e, na actualidade traballa de maneira particular e dentro da Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade...). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universiades.
Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.
Lugar: Pendente de confirmación, en Lugo.
Data: 15 de outubro
Horario: 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30
Prezo
-Persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de entidades federadas da Federación Autismo Galicia e persoas en situación de desemprego: 15 euros.
-Persoas non asociadas: 35 euros.
Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as asociadas sobre as que non son asociadas.
Máis información no 619170890 e en capaceslugo@gmail.com
Programa da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA subvencionado por Xunta de Galicia -Consellería de Politica Social.
Lugar de celebración:
Pendente de confirmación, en Lugo.