Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 16/06/2021 | 16 DE XUÑO DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA ANALIZA A SITUACIÓN DOS SERVIZOS DE ATENCIÓN TEMPERÁ E DIAGNÓSTICO ESPECIALIZADOS EN AUTISMO EN GALICIA.

A Federación Autismo Galicia considera un obxectivo de prioridade reflexionar sobre a situación dos servizos de diagnóstico e atención temperá na nosa comunidade no apoio ás persoas con TEA e as súas familias, para cuplir con este oxectivo a Federación Autismo Galicia pon en marcha o grupo de reflexión sobre diagnóstico e atención temperá.

16/06/2021

No día da atención temperá, Autismo Galicia reivindica que a protección e o apoio a infancia con discapacidade ten que ser un dos obxectivos prioritarios das administracións públicas.

Deben intentar cubrir de forma transversal todos os ámbitos de vida dos menores. Mellorar e desenvolver actividades efectivas na detección, diagnóstico e atención temperá nas mesmas condicións en igualdade en todo o territorio.  E o reforzo e modernización de políticas sociais, que garantan os apoios necesarios para mellorar o desenvolvemento persoal e a calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias, como recollen as directrices xerais da estratexia de desenvolvemento sostible (Axenda 2030, Organización de Nacións Unidas).

ATENCIÓN TEMPERÁ ESPECÍFICA E ESPECIALIZADA EN AUTISMO COMO PRINCIPAL REIVINDICACIÓN.

Unha das principais reivindicacións das persoas con TEA e das súas familias é garantir o diagnóstico e o acceso a atención temperá individualizada e especializada en TEA, por parte de equipos multidisciplinares formados en TEA. Que realicen modelos de intervención baseados na evidencia científica e co consenso profesional, que incorporen os intereses das persoas con TEA, os da súa familia e maximicen o seu desenvolvemento persoal e calidade de vida.

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CREA GRUPO DE TRABALLO ESPECÍFCIO PARA A REFLEXIÓN SOBRE DIAGNÓSTICO E ATENCIÓN TEMPERÁ EN AUTISMO.

Consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e avaliar a través da recollida de información sobre a situación dos servizos de diagnóstico e atención temperá na nosa comunidade no apoio ás persoas con TEA e as súas familias. Por iso, a Federación Autismo Galicia presenta o grupo de reflexión sobre diagnóstico e atención temperá, composta polas entidades: Aspanaes, PorEles TEA, Fundación Menela, Asperga e Federación Autismo Galicia, coa participación de Raquel Fernández e Ana Otero (Aspanaes), María Garrido e Silvia Súarez (Por Eles TEA) Macarena Blanco (Fundación Menela), Laura Gándara e Paloma Rodríguez (Asperga) e Cristina Couto e Aitana García (FAG).

Ademáis é necesario considerar a importancia das persoas con TEA e as familias na recollida desta información. Tanto as persoas con TEA como as súas familias desempeñan unha función moi relevante na propia prestación dos apoios. A implicación das familias na intervención é imprescindible, e a súa participación identificase como un factor fundamental para o éxito. Tedes polo tanto, un papel fundamental na mellora da calidade de vida das persoas con TEA, en un marco de coordinación e colaboración cos profesionais especialista en TEA implicados.

Enquisas de avaliación para persoas con TEA e familias.

Polo que vos pedimos que nos axudedes coa vosa opinión na recollida de información, a través de dúas enquisas.

Enquisa de Avaliación do Proceso Diagnóstico da Persoa con TEA na nosa comunidade: https://forms.gle/TaGK72fHqkcc1EtD9

Enquisa de Avaliación do Servizo de Atención Temperá (que prestou ou presta apoio na nosa comunidade): https://forms.gle/4foScqhpfrFK8q4y5

 

Desde a Federación Autismo Galicia apostamos polo que signifique avanzar en investigación, información e transferencia de coñecemento. A túa opinión é de grande axuda para o coñecemento sobre o TEA e as melloras na atención a todas as persoas con TEA e a súas familias.

Archivada en:
Infórmate > Noticias