Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 11/06/2021 | TEACONSELLOS ENVELLECEMENTO ACTIVO

TEACONSELLOS ENVELLECEMENTO ACTIVO

É necesario coñecer as necesidades e cambios das persoas adultas con TEA, e especialmente aquelas que se presentan nas etapas avanzadas das súas vidas. Resulta prioritario atender á súa realidade e ás necesidades que se derivan da mesma, incluíndo os aspectos propios dos procesos de envellecemento.

15/06/2021

Unha gran parte dos usuarios das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia empezan a alcanzar o nivel cronolóxico da terceira idade, unha situación que comporta a necesidades de implantar programas específicos que dean resposta aos novos retos e ás circunstancias persoais das persoas con TEA.

É necesario coñecer as necesidades e cambios das persoas adultas con TEA, e especialmente aquelas que se presentan nas etapas avanzadas das súas vidas.

 

“Envellecer é un proceso individual, pero envellecer ben é un proceso social”

 

 

Segundo a Organización Mundial da Saúde (2015), o envellecemento activo, participativo, saudable e satisfactorio é un dereito ao que non debe renunciar ningunha persoa. Moitas das persoas diagnosticadas con  TEA en España son relativamente novas e aínda non alcanzaron idades moi avanzadas. Con todo, cada vez son máis quen supera a mediana idade e comezan a envellecer.

Resulta prioritario atender á súa realidade e ás necesidades que se derivan da mesma, incluíndo os aspectos propios dos procesos de envellecemento.

É imprescindible incrementar o coñecemento sobre os procesos de envellecemento das persoas con  TEA, promovendo sistemas de apoio especializados que garantan un envellecemento activo e unha óptima calidade de vida nesta etapa do ciclo vital.

A sociedade actual ten a posibilidade de acceder a unha gran cantidade de información gracias a oportunidades que facilitan hoxe as tecnoloxías e o acceso a comunicación pero moitas veces esta información non é de calidade ou atopamos información pouco veraz.

Co proxecto “TEACONSELLOS-ENVELLECEMENTO ACTIVO”  do PROGRAMA E SERVIZOS A FAMILIAS E PERSOAS CON TEA a Federación Autismo Galicia quere ofrecer recursos de información, orientación e apoio psico-social, específicos, sobre as necesidades das persoas maiores con TEA a través de material didáctico informativo sobre o envellecemento nas persoas maiores con TEA.

 

Fonte: Gonzalo Berzosa Zaballos (Intersocial) e rede de entidades Federación Autismo Galicia.

 

Subvencionado por Xunta de Galicia- Consellería de Política Social-  a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias