Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 08/03/2023 | Mural Art Experience. Unha actividade da Federación Autismo Galicia con motivo da conmemoración do Día Mundial do Autismo.

Mural Art Experience. Unha actividade da Federación Autismo Galicia con motivo da conmemoración do Día Mundial do Autismo.

Mural Art Experience, é unha experiencia compartida, na que construír e sumar, no camiño do recoñecemento social do autismo, reclamando aceptación, tolerancia e respecto, mirando de fronte e con orgullo as nosas fortalezas e tamén as nosas necesidades, coas que con valentía loitamos dia a día. Nesta actividade os nosos trazos reivindican o TEA, chamándoo polo seu nome Te, E, A, Trastorno do Espectro do Autismo. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

31/03/2023 -

INVITACIÓN a Celebrar conxuntamente o Día Mundial do Autismo.
Mural Art Experience. Unha actividade con motivo da conmemoración do Día Mundial do Autismo. 
 
Formulario de Participación na Actividade do Día Mundial Autismo: Mural Art Experience.

DATA: 31 de Marzo de 2023.
HORARIO da Actividade: 11:00h. – 14.30h.
MODALIDADE: PRESENCIAL.
LUGAR: Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.
PERSOAS DESTINATARIAS: Dirixido a persoas con TEA, familias, profesionais e demais persoas interesadas.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o mércores 22 de marzo de 2023.

 
Organiza: Federación Autismo Galicia
Financiado por: Consellería de Política Social e Xuventude.
Colabora: Concello de Santiago de Compostela.
 
PROGRAMA:
  •     11:00h: Benvida a todas as persoas participantes.
  •     11:30h a 13.30h: Actividade Mural Art Experience.
  •     13.30h a 14:00h: Acto oficial con representantes da Consellería de Política Social e Concello de Santiago de Compostela.
  •     14.00h a 15:00h: Pinchos e xantar.


Formulario de Participación na Actividade do Día Mundial Autismo: Mural Art Experience.

DESCRICIÓN:

Reunirse en equipo é o principio. Manterse en equipo é o progreso.
    Traballar en equipo asegura o éxito.
    Henry Ford


O trazo de cor dá forma á túa composición. Ti e todas as persoas con autismo reinventades o destino cunha mirada distinta, creativa, única. Un traballo en equipo que modela o futuro, creando un novo destino, no que podamos formar parte plenamente da sociedade e do mundo que nos rodea, un mundo de aceptación e coñecemento do TEA.

Mural Art Experience, é unha experiencia compartida, na que construír e sumar, no camiño do  recoñecemento social do autismo, reclamando aceptación, tolerancia e respecto, mirando de fronte e con orgullo as nosas fortalezas e tamén as nosas necesidades, coas que con valentía loitamos dia a día. Nesta actividade os nosos trazos reivindican o TEA, chamándoo polo seu nome Te, E, A, Trastorno do Espectro do Autismo.

Construiremos un mural en compañía das nosas familias, das persoas coas que traballamos e profesionais con quen compartimos o noso día a día, creando lazos para seguir avanzando xuntas, man a man, trazo a trazo, nunha sinfonía de cor tan infinita e variable como o é o TEA.

Este taller participativo-cooperativo será supervisado e guiado polo artista David Planas, e o equipo da Federación Autismo Galicia.

Comezaremos coa benvida das persoas participantes e a explicación da actividade. Logo darémoslle a cada grupo o seu material e mostrarémoslles como usalo para crear os seus murais/lenzos. Os equipos intervirán os lenzos, que terminarán unindo nun único mural colectivo.

Unha vez distribuído o material e dadas as explicacións de cada grupo, os equipos terán que traballar no seu mural, vivindo unha experiencia activa, creativa e de colaboración.

 
 
 
MÁIS INFORMACIÓN EN // formacion@autismogalicia.org // Teléfono: 981 589 365
 

 

Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social e Xuventude.

 


 

 

Lugar de celebración:

Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela.

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades