Noticias
© Federacion Autismo Galicia | 29/05/2023 | AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024 DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.
AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024 DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.
Persoas beneficiarias: Alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial de centros docentes sostidos con fondos públicos no curso escolar 2023/2024.
29/05/2023
PERSOAS BENEFICIARIAS:
a) Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria. En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto para a súa adaptación aos currículos que establece a Lei. No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/23. (Fondo solidario)
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/24 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto.
- No caso de alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP ou en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO en calquera centro sostido con fondos públicos, incluídos os que participan no proxecto E-DIXGAL, cando a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso en que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario, o centro expediralle un vale coa axuda establecida, e poderá adquirir libros doutros cursos ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso.
- No caso de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, cando a xuízo do centro docente, o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en cursos incluídos no fondo solidario de libros de texto non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso en que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale coa axuda establecida, co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso.
b) Alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (axudas)
c) Alumnado matriculado en EP, ESO e EE (axudas)
ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS:
Asignación de libros de texto
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
Axudas para adquirir libros de texto:
a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP: 160€ ou 240€, en función da Renda per cápita familiar inferior a 10.000€
b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:
- Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP: 160€ ou 240€, en función da Renda per cápita familiar inferior a 10.000€
- Alumnado de ESO: 180€ ou 270€, en función da Renda per cápita familiar inferior a 10.000€
Axudas para adquirir material escolar:
- alumnado matriculado en EP e en ESO: 75€ ou 60€, en función da Renda per cápita familiar inferior a 10.000€
- alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 21 de xuño de 2023. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024
OBSERVACIÓNS:
- Unha única solicitude para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24 ou unha solicitude en cada un dos centros, no caso de estar admitidos en centros distintos.
- No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.
- Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2023/24, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2022/23.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A aplicación informática fondolibros permitiralle aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.
- En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.
MÁIS INFORMACIÓN: No DOG nº 94, do venres 19 de maio de 2023
Archivada en:
Infórmate > Noticias