Noticias
© Federación Autismo Galicia | 15/09/2021 | PROGRAMA DE FORMACIÓN 2021. AUTISMO GALICIA LANZA O CURSO en PRÁCTICAS RECOMENDADAS EN ATENCIÓN TEMPERÁ E TEA
PROGRAMA DE FORMACIÓN 2021. AUTISMO GALICIA LANZA O CURSO en PRÁCTICAS RECOMENDADAS EN ATENCIÓN TEMPERÁ E TEA
Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. Destinado principalmente a profesionais e familias das entidades da Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA. PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO
15/09/2021
PROGRAMA DE FORMACIÓN 2021. CURSO: PRÁCTICAS RECOMENDADAS EN ATENCIÓN TEMPERÁ E TEA
Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade
CONSULTA O DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO
Obxectivos:
- Identificar e recoñecer as prácticas recomendadas en Atención Temperá baseadas na evidencia científica actual.
- Ser capaz de diseñar, planificar e intervir establecendo un Programa Individualizado de Apoio Familiar ( PIAF).
- Fortalecer a colaboración dos profesionais e familias para o desenvolvemento funcional do/a neno/a e a calidade de vida familiar.
- Coñecer ferramentas do modelo baseado en rutinas para desenvolver prácticas recomendadas en Atención Temperá.
PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO
Data de realización: 22 e 23 de outubro de 2021
Lugar de realización: Modalidade Online a través de ZOOM
Horario
- Venres 22 outubro: 17:00 a 20:00
- Sábado 23 de outubro: 10:00 a 14:00
Número de prazas: 100
Prazo de inscrición: ata o 11 de outubro 2021. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso. Teñen preferencia os profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.
DOCENTE: MARGARITA CAÑADAS PÉREZ
Terapeuta Ocupacional e Antropóloga, con Doctorado no campo da Atención Temperá e a Familia. Directora e docente do Centro de Educación Infantil e Atención Temperá da Universidade Católica de Valencia . Dende fai 15 anos colabora na implementación de prácticas centradas na familia en diferentes organizacións e asociacións a nivel nacional e internacional.
Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.
Archivada en:
Infórmate > Noticias