Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/09/2022 | A Federación Autismo Galicia presenta o vídeo da Campaña #CÓIDOME: ADICCIÓNS

A Federación Autismo Galicia presenta o vídeo da Campaña #CÓIDOME: ADICCIÓNS

O proxecto Cóidome: o coidado da miña saúde pretende contribuír a capacitación das persoas con TEA mediante accións que contribúan á adquisición de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e habilidades funcionais nas persoas con TEA.

 

29/09/2022

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA promociona o PROXECTO COIDOME: ATENDO A MIÑA SAÚDE, co obxectivo de promover o benestar físico, psicolóxico e emocional das persoas con TEA.

Dende o programa de mellora de atención sanitaria e saúde presentámosvos un novo video da Campaña #Cóidome no que compartimos as dificultades máis habituais que presentan as persoas con TEA e propoñemos achegas e prácticas para favorecer hábitos saudables, mediante actividades para o coidado da saúde.

O proxecto Cóidome: o coidado da miña saúde pretende contribuír a capacitación das persoas con TEA mediante accións que contribúan á adquisición de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e habilidades funcionais nas persoas con TEA.

O proxecto consta de de diferentes accións e recursos audiovisuais centrados nas temática do coidado, como actividade física, coidado persoal e saúde mental, na que abordaremos a ansiedade ou a prevención de adiccións.

NESTE PROXECTO CONTAMOS COA COLABORACIÓN DAS SEGUINTES ENTIDADES DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA:

  • ASOCIACION ASPERGA
  • ASOCIACION APACAF
  • ASOCIACIÓN AUTISMO VIGO
  • FUNDACION MENELA

PRESENTÁMOSVOS O VIDEO DA CAMPAÑA #CÓIDOME: ADICCIÓNS

No que compartimos algunhas das dificultades máis habituais que presentan as persoas con TEA e propoñemos achegas sinxelas e prácticas para favorecer hábitos saudables, mediante actividades para o coidado da saúde.

A través do programa de mellora de atención sanitaria e saúde da Federación Autismo Galicia presentamos o video: “Cóidome: Adiccións.

A adicción principal das persoas con TEA ten que ver co consumo de sustancias e adicción ás novas tecnoloxías, principalmente videoxogos e teléfono móvil.

Os estudos nos dín que as persoas con TEA son menos propensas a consumir drogas, pero algúns dín que teñen máis probabilidades de utilizar sustancias para enmascarar os síntomas (ansiedad,depresión o pensamentos suicidas), incluso os relacionados co autismo, como as dificultades dainteracción social (M. Weir, PhD student, Autism Research Centre, 2021).

Un uso excesivo dos videoxogos pode exacerbar: intereses restrinxidos, menos involucrados en actividades sociais e da comunidade, máis restriccións a nivel educativo e no ámbito laboral. Tamén pode afectar o estado de ánimo, producindo maior ansiedade, irritabilidade e aillamento social. ( Engelhardt CR, Mazurek MO, Hilgard J. Pathological game use in adults with and without Autism Spectrum Disorder. PeerJ. 2017)

De feito existen factores propios do TEA que se relacionan directa o indirectamente cun consumo adictivo:

  • Patróns obsesivos de pensamento e comportamento. As persoas con TEA tenden a ser mais obsesivas e non controlar os seus pensamentos intrusivos o que favorecería o asentamento dunha adicción
  • Menos estratexias de afrontamento ante conductas adictivas entre outras cousas polas dificultades a hora de xerar alternartivas a unha situación e seguir un patrón fixo de comportamento.
  • Aspectos sensoriais do Autismo. Estos aspectos poden fomentar os aspectos perceptivos do consumo da sustancia.
  • A tendencia a comportamentos repetitivos.
  • Grandes niveis de ansiedade.

Unha vez identificado o problema hai que intervir con axuda de profesionais.

Os nosos compañeiros da Fundación Menela cóntanvos máis sobre como detectar e dar apoio nas condutas aditivas:

 

 

Actividades financiadas polo convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias