Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 27/09/2022 | Son Xaquín, teño autismo e traballo nunha empresa de carpintería. CAMPAÑA ISTO É TEA

Son Xaquín, teño autismo e traballo nunha empresa de carpintería. CAMPAÑA ISTO É TEA

Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a  XAQUÍN, persoa adulta con autismo, con moitas necesiades de apoio que traballa nunha empresa de carpintería. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?

 

27/09/2022

Hoxe presentamos a XAQUÍN. CAMPAÑA #ISTOÉTEA #SomosTEA #SON1Máis.

Son Xaquín, teño autismo e traballo nunha empresa de carpintería. Vivo nunha residencia para persoas adultas con autismo, e teño grandes necesidades de apoio, pero o traballo axúdame a ser máis autónomo e independente.

O traballo faime sentir útil e valorado, así como coñecer xente nova. Dúas veces á semana vou traballar á carpintería de Severino, onde axudo a colocar e ordenar os materiais.

Sempre vou acompañado dun monitor de apoio que me axuda a desenvolver as tarefas que teño que facer. Gústame ir a traballar e xa forma parte das miñas rutinas. E cando vou á cafetería, son eu o que invito aos meus compañeiros cos cartos que gaño no traballo.

A realidade das persoas con TEA con grandes necesidades de apoio e o traballo:

  • O traballo é un dereito de todas as persoas, tamén para as persoas con discapacidade
  • As persoas con autismo con grandes necesidades de apoio poden traballar si se lle da a oportunidade e os apoios necesarios
  • O traballo pode mellorar a calidade de vida, a independencia e a autonomía persoal das persoas con discapacidade, tamén para as que teñen grandes necesidades de apoio.
  • Unha persoa con autismo con grandes necesidades de apoio pode desenvolver un traballo no mercado laboral ordinario coa metodoloxía de Emprego con Apoio e aplicando todas as adaptacións necesarias, onde un monitor laboral o acompañará na realización de todas as tarefas.

Os apoios que necesito:

  • Apoios físicos e visuais
  • Unha persoa que me diga as tarefas a facer e os pasos a seguir
  • Tarefas sinxelas e claras
  • Espazos e materiais identificados e diferenciados
  • Rutinas de traballo que me dean tranquilidade

As miñas fortalezas

  • Teño unha gran capacidade de concentración e non paro ata que o vexo todo rematado
  • Son moi constante e responsable e non poño excusas á hora de realizar as tarefas
  • Síntome útil e feliz traballando

En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.

Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.

O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.

Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).

O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como: 

E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.

A heteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexionar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.

Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.

"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.

A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.

Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.

O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Fernández Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira e Sara Piñeiro (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

 

 

ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

 

 

 

COÑECE A CAMPAÑA ISTO É TEA:

Son ANTÓN, teño autismo e recoñecido o 85% de discapacidade. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son César, teño autismo e recoñecido o 33% de discapacidade. Son deseñador gráfico. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Carmiña teño autismo e vivo nunha residencia. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son BRAIS, e son un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento.

Son Paula, teño autismo, e estou estudando oposicións para correos. CAMPAÑA ISTO É TEA

Segue a campaña ISTO É TEA.

#IstoéTEA

#SonUNMÁIS

#SomosTEA

SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:

https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias