Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 22/01/2021 | Reunión EAPN Grupo de Comunicación con Autismo Galicia

Deseñando accións comúns coas que encarar o 2021 cara a Xustiza Social.

Esta semana reuniuse o Grupo de Comunicación de EAPN Galicia, do que a Federación Autismo Galicia forma parte. A Federación Autismo Galicia fomenta ao máximo a súa presenza, de maneira activa nos distintos foros de representación institucional da discapacidade, exclusión social, e específicos dos TEA. Autismo Galicia fixo incidencia na importancia da campaña do IRPF, e na fundamental actuación e relevancia do traballo das entidades do tercer sector no actual escenario da pandemia.

 

21/01/2021

Traballar en rede con outras entidades permítenos enriquecernos e defender conxuntamente causas que nos afectan a todas. Esta semana reuniuse o Grupo de Comunicación de EAPN Galicia, do que a Federación Autismo Galicia forma parte para deseñar accións comúns coas que encarar este 2021.

DEFENDENDO OS DEREITOS DAS PERSOAS CON AUTISMO (TEA):

A Federación Autismo Galicia fomenta ao máximo a súa presenza, de maneira activa nos distintos foros de representación institucional da discapacidade, exclusión social, e específicos dos TEA.
 
Como entidade, está presente nos foros de representación do terceiro sector que traballan polo desenvolvemento de políticas sociais que afectan os beneficiarios das accións da Federación e entidades asociadas.
 

Dentro da EAPN, no grupo de Comunicación planificáronse as actividades do 2021, as próximas campañas en relación ao dia da xustiza social, a X Solidaria e os Cursos formación  que impartiranse neste ano, entre outros temas de planificación e carácter interno, facendo incidencia dende Autismo Galicia, na importancia da campaña do IRPF, e na fundamental actuación e relevancia do traballo das entidades do tercer sector no actual escenario da pandemia.

Archivada en:
Infórmate > Noticias