Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 28/09/2022 | XORNADA Humanización sanitaria: modelos de atención para saúde das persoas con autismo.

XORNADA Humanización sanitaria: modelos de atención para saúde das persoas con autismo.

A xornada está destinada a profesionais do ámbito socio-sanitario, persoas con autismo, familias, e persoas interesadas no AUTISMO en xeral. Nesta xornada trataremos as necesidades das persoas con TEA no coidado da súa saúde e daremos a coñecer as boas prácticas que se están realizando na atención sanitaria ao paciente con TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

17/10/2022 -

XORNADA RECOÑECIDA DE INTERESE SANITARIO POLA CONSELLERÍA DE SANIDADE

OBXECTIVO:
Comprender as necesidades das persoas con TEA no coidado da súa saúde e dar a coñecer as boas prácticas que se están realizando na atención sanitaria ao paciente con TEA.

PERSOAS DESTINATARIAS: A xornada está destinada a profesionais do ámbito socio-sanitario, persoas con autismo, familias, e persoas interesadas no AUTISMO en xeral.

DATAS:  17 de Outubro de 2022.

MODALIDADE: Asistencia presencial ou online.

LUGAR: Salón de actos da Consellería de Sanidade. San Lázaro. Santiago de Compostela.

HORARIO: 10 h. a 13.30 h.

Nº DE PRAZAS: 50 presenciais e 100 online.

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata 10 de outubro de 2022. Confirmaremos a praza por correo electrónico e facilitaremos o enlace na modalidade online para súa participación.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

PROGRAMA

PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL DO ACTO.

Presidenta da Federación Autismo Galicia, Dna. Mercedes Fernández Angulo e representación da Consellería de Sanidade a cargo do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
                                                                       
RELATORIOS DE APERTURA

  • SERGAS centrais: Adaptación e atención sanitaria a persoas con TEA.  María tajes, Xefa do Servizo de Saúde Mental. Conselleria de Sanidade.                                                                                                                                                 
  • O coidado da saúde e a labor de enfermería nas persoas con TEA da Fundación Menela. Antía Fernández, psicóloga e Ana Fernández, DUE da Fundación Menela.                                                     


MESA1: CAMIÑANDO COA SAÚDE DAS PERSOAS CON TEA. NECESIDADES E ACTUACIÓNS.                                    

Modera: Patricia Blanco. Xerente da Federación Autismo Galicia.

 

  • Necesidades e coordinación do sistema sanitario e as asociacións. Relatores: Emma Cuesta, psicóloga de Aspanaes. Ricardo Pérez, usuario SAF Ferrol, Aspanaes.                            
  • A importancia da formación do alumnado de enfermería sobre os pacientes con necesidades especiais/TEA. Relatora: Dra. Nuria Esther Varela. Profesora titular da  Escola universitaria de podoloxía e enfermería de Ferrol da Universidade da Coruña.                                                    
  • Os meus coidados de enfermería e outras probas médicas: presentación do manual de axuda. Relatora: Cristina Couto, psicóloga da Federación Autismo Galicia.        


MESA 2: OUTRAS EXPERIENCIAS DE MELLORA.                                                      

Modera: Macarena Sánchez. Terapeuta Ocupacional. Asociación Asperga.                         
 

  • Accesibilidade cognitiva: recursos audiovisuais para facilitar o acceso e coñecemento do sistema sanitario aos pacientes. Relatora:  Sinda Blanco, subdirectora da Subdirección Xeral de atención primaria. 
  • Experiencia no Centro de Saúde de Milladoiro: Programa de habituación ás consultas sanitarias. Relatora: Dra. Magdalena Seco.                                                                                                                     
  • O Servizo de Urxencias de adultos do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC): un servizo máis accesible. Relatoras:  Dra. Clara Olveira, da Subdirección de Calidade Asistencial da Área Sanitaria da Coruña e Cee e Dra. Laura López. Médico residente de psiquiatría en el Hospital General Universitario Gregorio Marañón en Madrid

CLAUSURA DO ACTO.

 

 

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

Organiza: Federación Autismo Galicia
 

Financiado por: Convenio de Colaboración entre a Consellería de Sanidade- Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

 

 

 

Lugar de celebración:

Salón de actos da Consellería de Sanidade. San Lázaro. Santiago de Compostela.

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades