© Federación Autismo Galicia | 14/09/2023 | CURSO: Conductas problemáticas no espectro autista. Comprensión e estratexias prácticas de apoio á persoa e a súa contorna. Asociación Capaces Lugo
CURSO: Conductas problemáticas no espectro autista. Comprensión e estratexias prácticas de apoio á persoa e a súa contorna. Asociación Capaces Lugo
Destinatarios: Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.
O próximo sábado 30 de setembro temos a xornada formativa "Conductas problemáticas no espectro autista. Comprensión e estratexias prácticas de apoio á persoa e a súa contorna", será impartida pola relatora Marlene Horna, como xa tivemos o gusto de ter en moitas formacións nestes anos. Marlene é psicologa colexiada, especialidade Clínica e Social. Máster en Atención Temperá. Diploma de Estudos Avanzados. Dende hai máis de quince anos traballa apoiando a nenos e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R. da asociación ASPANAES e, na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universidades.
Destinatarios: Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.
Lugar: Colexio Fingoi de Lugo. Cómo chegar
Horario: 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00
Prezo:
-Persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de asociacións federadas á Federación Autismo Galicia e persoas en situación de desemprego: 15 euros.
-Persoas non asociadas: 35 euros.
Criterios de selección
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as asociadas sobre as que non son asociadas.
PROGRAMA
Para matricularse na formación deberá de cubrir o seguinte FORMULARIO e facer o correspondente ingreso no número de conta de Caixa Rural Galega : ES71 3070 0031 4461 6571 5621, consignando como concepto: “Formación” e o nome da persoa que asistirá á Xornada.
Lugar de celebración:
Colexio Fingoi de Lugo. Cómo chegar