Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 20/03/2023 | O traballador social como figura de apoio ante o diagnóstico de autismo.

O traballador social como figura de apoio ante o diagnóstico de autismo.

Como cada terceiro martes de cada Marzo celébrase o Día Mundial do Traballo Social e é por este motivo que dende a Federación queremos dar visibilidade a esta profesión dentro do apoio á persoa con TEA e a súa familia. CAMPAÑA #DiagnósticoAutismo

 

20/03/2023

Moitas veces o traballador social é a primeira persoa que recibe á familia ou a persoa e realiza unha primeira entrevista de explicación do proceso diagnóstico.

 

O diagnóstico:

O Trastorno do Espectro do autismo (TEA) é un trastorno neurobiolóxico do desenvolvemento que se manifesta nos tres primeiros anos de vida, como queda reflexado no DSM-5 (manual americano de diagnóstico de trastornos mentais), vai afectar á forma de pensar e comportarse, e presenta deficiencias nas conductas comunicativas, tanto na comunicación verbal como non verbal, que vai afectar á súa interacción social, habilidades sociais, etc.

O diagnóstico determinase a través dun proceso de observación, unha análise moi completa do comportamento da persoa, coñecendo a súa historia de desenvolvemento e aplicando probas específicas de detección e diagnóstico do autismo que implica que a intervención logo do diagnóstico vai ser tanto con familias de nenos e nenas como en persoas adultas.

Debemos ter en conta que o TEA vaise diagnosticar en calquera etapa de vida de unha persoa, xa que forma parte de todo o ciclo vital e é para toda a vida.

Este diagnóstico non só vai afectar á persoa que o recibe si non, tamén ó seu entorno e á súa rede familiar e social.

O Traballador social non vai formar parte do diagnóstico en TEA pero si vai ser un dos profesionais de apoio tanto para a persoa que acaba de ser diagnosticada como para a súas familias, isto quere dicir que vai formar parta do equipo multidisciplinar de intervención, vai ser unha figura de referencia e de apoio.  

Cada unha de estas intervencións, igual que cada diagnóstico TEA  vai ser diferente e individual.

 

O papel dos Profesionais do Traballo Social

Moitas veces o traballador social é a primeira persoa que recibe á familia ou a persoa e realiza unha primeira entrevista de explicación do proceso diagnóstico. No caso de obter un diagnóstico  derívase á persoa e á familia ó Traballador Social. Cada persoa e/ou familia vai tomar esta información de diferente maneira, dende a sensación de alivio por un lado, ata de moita incerteza e angustia por outro.

Ademais de velar pola dignidade, liberdade e igualdade de cada persoa, a intervención de este profesional vai  encamiñada cara a intervención específica, personalizándoa no destinatario/s sendo este/s suxeitos activos cara a súa máxima autonomía, autodeterminación e integridade.

Si ben é certo que moitas persoas e incluso profesionais ven ó Traballador Social como meros administradores de recursos, a realidade non é tal, e a intervención vai tamén dirixida ó acompañamento e a traballar e apoiar á persoa e ás familias.

Para poder apoiar correctamente temos que ter moi presente que somos persoas que formamos parte de un medio e este tamén vai afectar ó noso benestar.

Considerar esta figura de apoio desde a intervención biopsicosocial é todo un acerto. Xa que se traballa dende varios ámbitos profesionais con factores biolóxicos, psicolóxicos, sociais, culturais e sociais.

Ter en conta que a intervención non só vai afectar á persoa diagnosticada, si non tamén á súa familia e ó seu entorno e ás súas interaccións co mesmo( colexio, lugar de traballo, ocio).

Temos que ter moi presente que as persoas con TEA son persoas que forman parte da sociedade e como tal teñen que convivir diariamente ca mesma e cas súas dificultades aumentadas debido ás súas particulares afeccións e a súa maneira de percibir o entorno.

É moi importante ter en conta as posibles barreiras que se atopen as persoas TEA e as familias, así como que sexan coñecedoras da amplitude de profesionais ós que van acudir , asociacións, grupos de familiares, grupos de apoio e teñan claro cal é a responsabilidade e os obxectivos de cada un de eles é o seu valor cara lograr o benestar social

O traballador social como figura de apoio

Como viñamos explicando entendemos como unha das labores fundamentais do TS como figura de apoio a de explicar os recursos que ofrece a administración é ós que poderían ter acceso, e dentro de estes os máis formais e recorrentes serían Discapacidade e Dependencia, pero hai que ter en conta que moitas veces estes recursos que nos ofrecen estas prestacións non son suficientes, ou non están ó alcance de todos/as e serán o entorno familiar, as asociacións, etc quen van a suplir estas posibles insuficiencias.

É por iso que existe a intervención informal, creando grupos de e para familias, entidades en onde a persoa e os seus achegados poden coñecerse, compartir experiencias, socializar. Moitas de estas intervencións teñen ó Traballador Social presente, na organización, mediador, informador.. é unha maneira de sentirse apoiados e non xulgados.

A intervención ca persoa e cas familias é fundamental para potenciar o desenvolvemento das capacidades e facultades das persoas para afrontar por si mesmas( sempre na medida do posible) problemas actuais, futuros, e poder obter no máximo posible a independencia e a autonomía persoal.

Estar sempre informado e formado cara poder apoiar ás persoas con TEA e as súas familias é fundamental para poder lograr esa intervención biopsicosocial.

 

 

 

 

O deseño desta campaña foi realizado pola Federación Autismo Galicia e forma parte da Estratexia para a Concienciación sobre o Autismo en Galicia.

Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das personas físicas (IRPF)..

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias