Cookies

Noticias 

© FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA | 25/05/2022 | A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA presenta o video da Campaña #Cóidome: O coidado da miña saúde.

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA presenta o video da Campaña #Cóidome: O coidado da miña saúde.

Dende o programa de mellora de atención sanitaria e saúde presentámosvos un novo video da Campaña #Cóidome no que compartimos as dificultades máis habituais que presentan as persoas con TEA e propoñemos achegas e prácticas para favorecer hábitos saudables, mediante actividades para o coidado da saúde.

25/05/2022

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA promociona o PROXECTO COIDOME: ATENDO A MIÑA SAÚDE, co obxectivo de promover o benestar físico, psicolóxico e emocional das persoas con TEA.

O proxecto Cóidome: o coidado da miña saúde pretende contribuír a capacitación das persoas con TEA mediante accións que contribúan á adquisición de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e habilidades funcionais nas persoas con TEA.

O proxecto consta de de diferentes accións e recursos audiovisuais centrados nas temática do coidado, como actividade física, coidado persoal e saúde mental, na que abordaremos a ansiedade ou a prevención de adiccións.

Neste proxecto contamos coa colaboración das seguintes entidades da Federación Autismo Galicia:

  • ASOCIACION ASPERGA
  • ASOCIACION APACAF
  • ASOCIACIÓN AUTISMO VIGO
  • FUNDACION MENELA

Presentámosvos o video da Campaña #Cóidome: o coidado da miña saúde.

No que compartimos algunhas das dificultades máis habituais que presentan as persoas con TEA e propoñemos achegas sinxelas e prácticas para favorecer hábitos saudables, mediante actividades para o coidado da saúde.

A través do programa de mellora de atención sanitaria e saúde da Federación Autismo Galicia presentamos o video: “Cóidome: O meu coidado persoal.

Moitas persoas con autismo, teñen dificultades no seu autocoidado ou nos hábitos de hixiene. As características propias das persoas con TEA fan que lles resulte máis complexo desenvolver secuencias ou tarefas para levar un bo coidado de si mesmo ou da súa hixiene. Fomentar a súa autonomía desde pequenos, incluíndo na súas rutinas é algo básico na promoción da saúde e o benestar físico. Así a todo, estes hábitos de vida pódense incorporar en calquera etapa da vida.

Temos que guialos en aquilo que non se lles dea moi ben e facilitarlle as tarefas que teñen que realizar para seu propio autocoidado, atendendo sempre as características das persoas con autismo, ás súas preferencias e dándolle apoios físicos, verbais e visuais, etc.

“Máis alá do concepto de “coidar deles” debemos pensar en que “apoios” lles debemos dar para que eles mesmos  sexan os se coiden a si mesmos”

A promoción de hábitos de vida saudables dende idades temperás axudará a favorecer unha mellora na saúde a longo prazo e a minorar o impacto das posibles dificultades na saúde asociadas ao TEA.

Un dos aspectos que inflúen na mellora da calidade de vida, é unha boa hixiene persoal. Fomentar a autonomía, independencia e autocoidado, é un aspecto que se debe favorecer durante todo o ciclo vital.

Nas situacións nos que a persoa necesite axuda nas tarefas de hixiene e coidado persoal é fundamental o respecto a dignidade e os dereitos da persoa, prestando unha especial atención a súa intimidade e facilitar un contexto seguro e cómodo para a persoa.

 

 

 

Actividades financiadas polo convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias