Cookies

Noticias 

© Federacion Autismo Galicia | 29/05/2023 | AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024 DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.

AXUDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024 DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.

Persoas beneficiarias: Alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial de centros docentes sostidos con fondos públicos  no curso escolar 2023/2024.

 

29/05/2023

 

PERSOAS BENEFICIARIAS:  

a) Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria. En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto para a súa adaptación aos currículos que establece a Lei. No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/23. (Fondo solidario)

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/24 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto.

  • No caso de alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP ou en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO en calquera centro sostido con fondos públicos, incluídos os que participan no proxecto E-DIXGAL, cando a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso en que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario, o centro expediralle un vale coa axuda establecida, e poderá adquirir libros doutros cursos ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso.
  • No caso de alumnado  con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, cando a xuízo do centro docente, o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en cursos incluídos no fondo solidario de libros de texto non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso en que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale coa axuda establecida, co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso.

b) Alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (axudas)

c) Alumnado matriculado en EP, ESO e EE (axudas)

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS:

Asignación de libros de texto

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda. 

Axudas para adquirir libros de texto:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP: 160€ ou 240€, en función da Renda per cápita familiar inferior a 10.000€

b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:

  • Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP: 160€ ou 240€, en función da Renda per cápita familiar inferior a 10.000€
  • Alumnado de ESO: 180€ ou 270€, en función da Renda per cápita familiar inferior a 10.000€

Axudas para adquirir material escolar:

  • alumnado matriculado en EP e en ESO: 75€ ou 60€, en función da Renda per cápita familiar inferior a 10.000€
  • alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 21 de xuño de 2023. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024

OBSERVACIÓNS:

  • Unha única solicitude para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24 ou unha solicitude en cada un dos centros, no caso de estar admitidos en centros distintos.
  • No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.
  • Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2023/24, deberá presentala no centro no que estivese matriculado no curso 2022/23.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A aplicación informática fondolibros permitiralle aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.
  • En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.

MÁIS INFORMACIÓN: No DOG nº 94, do venres 19 de maio de 2023

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias