Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 23/11/2021 | Federación Autismo Galicia e COFC aúnan forzas nunha xornada conxunta a prol da sensibilización e transformación das farmacias

Federación Autismo Galicia e COFC aúnan forzas nunha xornada conxunta a prol da sensibilización e transformación das farmacias

Este 22 de novembro de 2021 ó abeiro do proxecto Farmacia TEATENDE, tivo lugar a reunión para a sensibilización e a instrución sobre a adecuación dos medios e das contornas nas boticas dende a accesibilidade cognitiva.

23/11/2021

Proxecto de accesibilidade nas contornas de proximidade

O proxecto Farmacia TEATENDE, financiado pola Deputación da Coruña, leva en funcionamento dende comezos deste ano 2021, traballa para sensibilizar e concienciar sobre as barreiras cognitivas e de comunicación coa contorna, que impiden que as persoas con TEA se desenvolvan de forma autónoma nos espazos de proximidade: como son os servizos de atención a saúde, aos que pertencen as boticas.

A presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, e o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña, Héctor Castro Bernardino, foron os asistentes de honra na sesión de revisión dos contidos da GUÍA de Farmacia TEAtende.

A coordinación da área de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia e a comisión dos membros do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña,  xestionaron os contidos relativos á guía de farmacia TEAtende, que se enfoca cara a promoción da autonomía e a mellora da comunicación nas farmacias das persoas con TEA, por medio da sensibilización e formación dos profesionais das boticas. A GUÍA FARMACIA TEAtende é un documento de uso público, e poderá consultarse online –proximamente- na web de accesibilidade da Federación  (accesibilidad.autismogalicia.org), e será unha ferramenta para profesionais das farmacias no seu desempeño diario.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias