Cookies

Noticias 

Profesionais, persoas con TEa e as súas familias terán a oportunidade de achegarse aos “Cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade Lei 8/ 2021” nas accións de FORMACIÓN organizadas por AUTISMO GALICIA

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA organiza dous webinarios en liña co gallo da Reforma do Código Civil e como afecta afecta ás persoas con TEA e as súas familias.

04/10/2021

Programa de Formación e Programa e Servizos para Familias e persoas con TEA 2021.

Ley 8/2021, de 2 de junio, por la que se reforma la legislación civil y procesal para el apoyo a las personas con discapacidad en el ejercicio de su capacidad jurídica.

Actividades formativas que recollen por unha banda, a orixe desta normativa, motivos polos que realiza a reforma e en que afecta ás persoas con TEA e as súas familias. Por outra, esta reforma dentro do Código Civil e outras normas modificadas.

PODES ENSCIBIRTE NESTAS LIGAZÓNS:

WEBINARIO PARA PROFESIONAIS DAS ENTIDADES FAG “Cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade Lei 8/ 2021”

WEBINARIO PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS “Cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade Lei 8/ 2021”

 

PROGRAMA

DESCARGA O PROGRAMA

  • Presentación do Webinario
  • Intervención de: Dra. Eugenia Torres Costas. Doutora en Dereito. Avogada. Xestora de entidades sociais. Formadora. Membro do equipo de investigación De conflictu legum da Universidade de Santiago de Compostela.

TÍTULO: Orixe da reforma. Convenio dos dereitos das persoas con discapacidade.

  • Por que se realiza esta reforma.
  • Que modifica.
  • En que consiste e como afectara as persoas con TEA e as súas familias.

 

  • Intervención de: D. Víctor Manuel Vidal Pereiro. Notario. Delegado da Fundación Aequitas en Galicia.

Título: Reforma do código civil:

  • Figuras e medidas de apoio.
  • Outras normas que se modifican.

 

  • Rolda de preguntas
  • Peche do Webinario

 

 

 

Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

Archivada en: