© Federación Autismo Galicia | 21/02/2023 | Webinario: Da investigación á saúde mental nas mulleres con TEA. Experiencias profesionais e testemuñas
Webinario: Da investigación á saúde mental nas mulleres con TEA. Experiencias profesionais e testemuñas
Actividade de sensibilización da Federación Autismo Galicia co gallo do día internacional da muller. Dirixida a persoas con TEA, familias, profesionais e demais persoas interesadas.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
Descrición: Actividade de sensibilización que recolle por unha banda, as investigación máis recentes entorno ao xénero feminino e experiencias prácticas profesionais sobre o coñecemento da saúde mental e apoio das necesidades das mulleres con autismo, e testemuñas vitais de mulleres con TEA sobre as súas vivencias e experiencias de coidado.
*Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
Data: 9 de Marzo de 2023.
Horario: 17 h. – 19 h.
Modalidade: Online (Zoom).
Persoas destinatarias: dirixido a persoas con TEA, familias, profesionais e demais persoas interesadas.
Número de prazas: 100
PREZO: Gratuíto.
Prazo de inscrición: Ata o martes 7 de marzo de 2023.
*Confirmaremos a praza e facilitaremos o enlace zoom, por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
Programa
Presentación do webinario:
- Mercedes Fernández Angulo, presidenta da Federación Autismo Galicia:
- María Tajes Alonso, xefa do Servizo de Saude Mental da Subdirección Xeral de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde,
Modera Cristina Couto.
Bloque I : A Muller con TEA e Investigacións máis recentes.
- Contextualización antropolóxica e investigación máis recente na muller con TEA con e sen Discapacidade intelectual. Angélica Gutiérrez. Autismo Sevilla.
- CAT-Q: tradución e adaptación cultural dunha ferramenta sensible á camuflaxe sintomatolóxica en nenas e mulleres con diagnóstico de TEA. Sabela Conde. Fundación Galega de Medicina Xenómica.
Bloque II: A saúde socioemocional das mulleres con TEA.
- As mulleres con TEA con discapacidade intelectual. A saúde socioemocional en todas a etapas da vida. Ana Otero. Asociación Aspanaes.
- Acompañando no coidado da saúde mental á muller con TEA sen discapacidade intelectual. Paloma Rodriguez. Asociación Asperga.
- A miña saúde mental. Experiencias de muller/es con TEA. Asociación Asperga. Lorena Louzao e Rocío González.
Organiza: Federación Autismo Galicia
Financiado por: Convenio de Colaboración entre a Consellería de Sanidade- Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.
Lugar de celebración:
Modalidade: Online (Zoom).