Noticias
© Federación Autismo Galicia | 25/11/2020 | Teatende: recomendacións para o teu negocio o comercio
Es comerciante da cidade de Santiago de Compostela? Dende a Federación Autismo Galicia elaboramos un formulario para que nos axudes a coñecer as túas necesidades.
Cobre este formulario e recibirás de forma gratuíta, recomendacións para o teu negocio ou comercio.
25/11/2020
Dende o proxecto “O barrio accesible: comercio TEAtende”, a Federación Autismo Galicia queremos seguir coñecendo as necesidades sobre accesibilidade cognitiva no teu comercio e as túas necesidades na comunicación, trato e interacción coas persoas con TEA.
Con esta finalidade, dende a Federación elaboramos un formulario que poderás responder axudándonos a coñecer as túas necesidades, para poder elaborar unha resposta axustada ás mesmas
Cobre ESTE FORMULARIO e recibirás de forma gratuíta, recomendacións para o teu negocio ou comercio.
Queres un comercio máis accesible?
Agora é a túa quenda.
Se queres que o teu comercio sexa un comercio accesible con, trasládonos as túas necesidades sobre accesibilidade cognitiva e comunicación, trato e interacción social coas persoas con TEA, a través do formulario, e nós darémoslles resposta.
Gustaríache sinalizar o teu comercio con pictogramas?
Non esquezas responder a esta pregunta.
Ter o teu comercio sinalizado con pictogramas, axudará ás persoas con TEA a identificalo máis facilmente.
Que queremos conseguir con este formulario?
Cre que o teu comercio é accesible para todas as persoas? A información que o teu comercio proporciona, pode ser entendida por calquera persoa? Utilizas pictogramas para sinalizar o teu comercio e os produtos? Saberías comunicarte dunha maneira eficaz cunha persoa con autismo?
O que buscamos coa túa resposta a estas preguntas, é coñecer cales son as túas necesidades e as do teu comercio, en relación á accesibilidade cognitiva e a comunicación e trato coas persoas con TEA, para poder axudarte a darlles unha solución.
Que nos interesa?
Interésasnos o teu comercio.
Interésanos facer o teu comercio un comercio máis accesible para todas as persoas, e en especial, para as persoas con Autismo.
Déixanos colaborar con vós para facer do teu comercio, un comercio accesible?
Se a túa resposta é afirmativa, cubre o nosos formulario, e seguimos en contacto.
Archivada en:
Infórmate > Noticias