Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 16/05/2022 | Información para familias e persoas con TEA: A Xunta de Galicia lanza os Campamentos de Verán para persoas con discapacidade.

Información para familias e persoas con TEA: A Xunta de Galicia lanza os Campamentos de Verán para persoas con discapacidade.

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia oferta este verán actividades para persoas que teñan recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%, con propostas para os meses de xullo, agosto e setembro.

16/05/2022

Prazas de campamentos de verán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a maiores do procedemento xeral, ofrece prazas reservadas de inclusión en varios campamentos da oferta de verán 2022 (ORDE do 9 de maio de 2022 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2022 e se procede á súa convocatoria, DOG nº94 do luns, 16 de maio de 2022)

 

Localizacións:

  • Albergue xuvenil Mariña Española (Sada)
  • Albergue xuvenil Gandarío (Bergondo)
  • Campamento Xuvenil Espiñeira (Boiro)
  • Campamento Xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei)
  • Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa)
  • Campamento Xuvenil Pontemaril (Forcarei)

 

Requisitos:

  • Idades: De 9 a 18 anos.
  • Residir en Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Discapacidade igual ou superior ao 33%.Deberán facer constar esta circunstancia no formulario de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.
  • En función do tipo de discapacidade poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.
  • As persoas con discapacidade deben optar, polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión. Quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.
  • As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración, e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria.
  • Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano.
  • A praza adxudicada será intransferible.

 

Servizos ofertados:

  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da persoa moza.
  • Aloxamento en albergue ou campamento xuvenil.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • O material necesario para a actividade.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso.
  • Para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

 

Solicitudes:

  • Do 18 ao 26 de maio de 2022. 7 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.
  • Impreso de solicitude para prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade: (INDIVIDUAL: procedemento BS303G MÚLTIPLE: procedemento BS303H). Preferiblemente por vía electrónica.

 

Máis información:  http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran, na  oferta de Verán 2022  (páxinas 19 a 42) e no DOG nº94, do luns 16 de maio de 2022

 

Prazas de campamentos de verán da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade da Xunta de Galicia.

A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade oferta 200 prazas nos campamentos específicos para persoas con discapacidade.

 

Localizacións:

  • Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo)
  • Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán)
  • Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)

Requisitos:

  • Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible coa Covid-19.
  • Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano.
  • A praza adxudicada será intransferible.

 

Servizos ofertados:

 

  • Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.
  • O aloxamento nun albergue ou nunha residencia, segundo o destino solicitado.
  •  A manutención en réxime de pensión completa.
  • O material necesario para a actividade.
  • Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso; e persoal de apoio para atender as necesidades das persoas asistentes.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

 

Solicitudes:

 

  • O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o día 3 de xuño de 2022.

 

Máis información:

Na páxina de Política Social, ou documento da oferta

 

 

 

*As ofertas non son excluíntes. Pódense preentar solicitudes ás dúas convocatorias.


 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias