Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 09/06/2021 | GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA

XA TEMOS A VOSA DISPOSICIÓN A GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA

Presentámovos a Guía Coidamos TEA que xorde a raíz do Proxecto Coidamos-TEA que tivo por obxectivo traballar pola capacitación e apoderamento das familias das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo. CONSULTA E DESCARGA A GUÍA Coidamos TEA: PREME AQUÍ

09/06/2021

Presentámovos a Guía Coidamos TEA que xorde a raíz do Proxecto Coidamos-TEA que tivo por obxectivo traballar pola capacitación e apoderamento das familias das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (en diante TEA) e mellorar así a calidade de vida dos seus fillos e fillas e da propia familia.

 

 

Co PROXECTO CoidamosTEA preténdese reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio: Informativa e Orientativa. Respóndese así ás necesidades fundamentadas da experiencia das persoas con TEA, as súas familias e coa especialización dos profesionais que realizan a atención.

 

 

 

Dende o momento en que unha familia recibe un diagnóstico de TEA prodúcese un impacto que alterará a dinámica familiar.

Recadamos varios aspectos na guía recollidos en 3 bloques:

  • No primeiro recollemos as inquedanzas e sentimentos que aparecen coa noticia do diagnóstico. Presentamos que é o autismo e as súas características. Para finalizar con este primeiro apartado, desmontaremos as falsas crenzas sobre o TEA.
  • No segundo bloque, falaremos da importancia da Comunicación e dos diferentes tipos de Apoios que poden facilitar a calidade de vida da persoa con TEA e da súa familia. Así como os autocoidados das persoas coidadoras. Abordaremos tamén outros temas transversais como a Educación e a Intervención e Terapias.
  • No terceiro bloque, recollemos bibliografía, recursos e o directorio de entidades federadas en Autismo Galicia.

CONSULTA E DESCARGA A GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA. PREME AQUÍ

Editada pola Federación Autismo Galicia.

Archivada en:
Infórmate > Noticias