Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 03/06/2021 | A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

03/06/2021

ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.

Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.

Os Trastornos do Espectro do Autismo engloban unha serie de alteracións na comunicación, a interacción social, así como a presenza de patróns de comportamento, intereses ou actividades restrinxidas e repetitivas; con todo, as manifestacións son tan variables e diferentes como o é cada persoa.

En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.

Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.

 

O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.

Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).

O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como: 

  • Acceder a un diagnóstico precoz e a unha atención temperá especializada. 

  • Gozar de recursos educativos e comunitarios, adecuados ás necesidades e preferencias individuais. 

  • Dispoñer dunha ampla rede de apoio social que fomente a participación na comunidade.

E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.

A eteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexinar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.

Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.

"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.

CAMPAÑA ISTO É TEA

Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

Tras unha primeira etapa de traballo conxunto e reflexión co soporte dos equipos técnicos especializados, lanzamos esta campaña que consistirá en elaborar casos persoalizados que poidan retratar o universo das carateristicas das perosas con TEA, as súas necesidades, as súas capacidades, os seus intereses, e as súas infinitas ganas de formar parte da vida como calquera de nos.

A campaña poderase seguir dende as redes sociais da Federación Autismo Galicia e nosas entidades membro, así como na web de Autismo Galicia, na canle de Youtube, e difundirase no Boletín Info AUTISMO GALICIA.

 

Segue a campaña ISTO É TEA.

#IstoéTEA

#SonUNMÁIS

#SomosTEA

SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:

https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134

 

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social
Proxesubvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Socialcto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social

Archivada en:
Infórmate > Noticias