Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2021 | ECOCAMP – campamento de verán de ASPERGA

ECOCAMP – campamento de verán de ASPERGA

Campamento con pernoita no que leva a cabo unha intervención psicoeducativa baseada principalmente no contacto coa natureza, a convivencia cun grupo de iguais e a aprendizaxe experiencial mediante actividades pouco habituais na súa rutina diaria.

05/07/2021 -

Realizarase no  ALBERGUE DE ECOTURISMO ALVARELLA

PREINSCRICIÓN SOCIOS: aberto prazo de preinscrición desde o 26 de abril ata fin de prazas

NON SOCIOS: aberto prazo de preinscrición desde o 3 de maio ata fin de prazas

PICA AQUÍ PARA REALIZAR A PREINSCRICIÓN

ADOLESCENTES

– Idades: de 13 a 17 anos – Data e hora de inicio: luns 5 de xullo ás 10:00 – Data e hora de fin: sábado 10 de xullo ás 12:00

MOZOS ADULTOS

– Idades: de 18 a 30 anos – Data e hora de inicio: luns 12 de xullo ás 10:00 – Data e hora de fin: sábado 17 de xullo ás 12:00

MÁIS INFO E CUSTOS: https://www.asperga.org/ecocamp-campamento-de-pernocta/

ACTIVIDADES:

  • Actividades da vida diaria: comidas, autocuidado, convivencia e veladas nocturnas.
  • Actividades deportivas: roteiros dacabalo, equilibrio en slackline, introdución ao geocaching e orientación, kaiak, pádel surf, sendeirismo.
  • Actividades lúdicas e ao aire libre: propostas tanto polos/ as monitores como polos/ as participantes; relacionadas co medioambiente en contorna natural: talleres de teatro, artesanía, conservación mediambiental.
  • Actividades terapéuticas: talleres de comunicación, funcións executivas e xestión emocional a través de xogos e dinámicas que sirvan para mellorar as súas habilidades persoais, planificación, organización, frustración, inseguridades, etc.
  • Tempo libre: os/ as participantes poderán realizar aquelas actividades que queiran, así como dedicalo ao descanso, ao espazo persoal ou as súas preferencias.

OUTRAS INDICACIÓNS

  • O grupo máximo de participantes será de 10 persoas
  • Será necesario que cada participante realice unha proba de cribado nas 48 horas anteriores ao comezo do campamento
  • Cumpriranse coas normas establecidas para cumprir co protocolo de seguridade sanitaria
  • É obrigatorio o uso de máscara, pero poderán durmir sen ela
  • Unha vez confírmese a praza o participante recibirá un e-mail coa lista de materiais que hai que levar e outras indicacións necesarias

Realizarase unha reunión virtual coas familias dos rexistrados no mes de xuño para informar sobre as normas, as actividades e os materiais

Lugar de celebración:

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades