Noticias
© Federación Autismo Galicia | 30/01/2023 | NON VIOLENCIA NA AULA PARA O ALUMNADO CON TEA. É necesario transmitir unha mensaxe de tolerancia cero, e levar a cabo medidas de detección e protección das persoas con TEA.
NON VIOLENCIA NA AULA PARA O ALUMNADO CON TEA. É necesario transmitir unha mensaxe de tolerancia cero, e levar a cabo medidas de detección e protección das persoas con TEA.
O alumnado con autismo continúa aumentando, o papel dos docentes e do resto de profesionais que traballan nos centros educativos é fundamental á hora de favorecer neles un clima de convivencia e un traballo en valores que permitan interiorizar esas diferenzas e levar aos alumnos e alumnas a valorar e respectar a todo o mundo por igual.
30/01/2023
O día 30 de xaneiro conmemórase nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. Queremos poñer o foco no ámbito educativo, onde é imprescindible que se fomente e transmita o respecto á diversidade, para concienciar de que “todos somos diferentes”.
Case a metade dos nenos e nenas con autismo sofre acoso escolar. Por iso, o papel dos docentes e do resto de profesionais que traballan nos centros educativos é fundamental, á hora de favorecer neles un clima de convivencia e un traballo en valores que permitan interiorizar esas diferenzas e levar aos alumnos e alumnas a valorar e respectar a todo o mundo por igual.
Temos presentes que valores como tolerancia, convivencia, solidariedade, e respecto aos Dereitos Humanos e fundamentais, son importantes nunha cultura de non violencia e paz.
Esta é a base irrevogable que permite ao alumnado convivir e adquirir coñecementos, actitudes e competencias comprometidas cos seus dereitos e o doutras persoas, así como aceptar a diversidade de todo o alumnado e as súas capacidades, competencias e potencialidades diferentes.
- un 0,73% do total do alumnado que cursa ensino de réxime xeral.
- o 26% do total do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociado a unha discapacidade, o que supón que máis de 1 de cada 4 destes estudantes presenta TEA.
Autismo España, constatou un aumento de alumnado escolarizado con TEA nun 118 % nos cursos 2011-2012 e 2017-2018.
ACOSO ESCOLAR E TEA
A investigación en canto ao acoso escolar de persoas con discapacidade tamén incrementouse como indica o estudo de Smith & Berkkun, 2017. Os resultados de diferentes estudos poñen de manifesto que o alumnado con TEA é victimizado con maior frecuencia que os adolescentes con só discapacidade intelectual ou desenvolvemento típico. E mostran experiencias de acoso de diferente tipo e de maior gravidade en comparación con outros grupos.
Así pois, as persoas con TEA presentan maior risco de ser vítimas (Hernández, 2017) entre o dobre e o cuádruplo risco de ser vítima. A vulnerabilidade das persoas con TEA non se debe só ás súas características individuais senón ao contexto no que ven inmersas.
Desde Autismo Galicia instamos a que se garanta a atención educativa ao alumnado con TEA e que leven a cabo medidas de detección e protección das persoas con TEA, é responsabilidade de todos transmitir unha mensaxe de tolerancia cero.
Desde Federación Autismo Galicia, co compromiso de todas as entidades que a integran, levamos varios anos promovendo o coñecemento e a comprensión do TEA. Para iso, realizamos diversas iniciativas no ámbito da educación baixo un valor técnico específico e especializado, podes coñecer todos os nosos recursos na nosa Editorial Autismo Galicia: COLECCIÓN EDUCACIÓN e atención TEA
- Detección do abuso/acoso escolar. Sinais de alerta. PROXECTO #CoidamosTEA. AUTISMO GALICIA.
- Protocolo Tratamento Educativo do alumnado con TEA
Podes ampliar información descargando o informe de Autismo España: “Datos de alumnado no universitario con trastorno del espectro del autismo. Curso 2020-2021″.
PROXECTO Axenda de Contidos de interese para o colectivo TEA. PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.
Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social
Archivada en:
Infórmate > Noticias