Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 31/03/2021 | A Federación Autismo Galicia celebra no seu acto oficial o #DíaMundialAutismo

A Federación Autismo Galicia celebra no seu acto oficial o #DíaMundialAutismo

As persoas con  TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén que facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.

31/03/2021

O día Mundial do Autismo é unha celebración, pero tamén un día de reivindicación. Estímase que en Galicia pode haber ata 27000 persoas con Trastorno do Espectro de Autismo. Para elas, o acceso á educación e ao emprego non son só un dereito, senón tamén factores crave para a súa calidade de vida.

 

A Federación Autismo Galicia agradece o apoio do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

Onte tivemos o pracer de celebrar o acto oficial da Federación Autismo Galicia coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez que destacou a importancia da colaboración coas entidades especializadas e de que as familias poidan participar na escolla da modalidade de escolarización dos seus fillos.

“O novo Plan de Inclusión e Atención á Diversidade parte da premisa de cambiar a expresión o alumno non é capaz de pola expresión o alumno é capaz de”, explicou Román Rodríguez, salientando que “as persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), e en xeral o alumnado con necesidades especiais de atención educativa, poden acadar importantísimos niveis de desenvolvemento académico e persoal, para o que é preciso a colaboración de toda a sociedade e o traballo man a man coas entidades especializadas”.

Destacou  tamén a labor dos centros específicos de educación especial e incidiu en que a Xunta ten sempre en conta a opinión das familias, “dado que é unha das demandas que precisamente teñen, poder decidir onde estudan os seus fillos”. “Sexa cal sexa a modalidade de escolarización, queremos unha escola na que cada alumno vexa fortalecidos os seus talentos e as súas capacidades”, destacou.

As intervencións durante o acto.

Mercedes Fernádez Angulo, Presidenta da Federación Autismo Galicia dirixiu o acto e presentou a campaña así como as demandas do colectivo, xunto con Alberto Silva López, Responsable da Comisión de Educación da Federación Autismo Galicia, incidiron na importancia dos apoios, da especificidade e da especialidade dos servizos para acadar unha ruta na que as capacidades das perosas con TEA sexan valoradas e apoiadas na procura dunha mellora na súa calidade de vida. 

Durante o acto fíxose a estrae da video entrevista falando con Javier Valiño Rodríguez, persoa usuaria do Programa de Formación de Aspanaes da Federación Autismo Galicia quen recentemente tomó posesión do cargo na categoría de Cela dor do Sergas. Agradecemos a Aspanaes polo traballo coa entrevista.

E fixo una sentida letura do manifesto, Lucia Campos González, persoa con Autismo, quen recibiu o aplauso do público polo seu compromiso e a claridade da sú exposición, dende aquí agradecemos a súa familia e a Macarena Blanco Delgado, responsable do Servicio de Diagnóstico e Atención Temprana e Apoio Integral de Fundación Menela.

Durante o acto oficial a presidenta da Federación Autismo Galicia falou sobre as demandas do colectivo.

Para visibilizar as barreiras e oportunidades das persoas con autismo nestas dúas áreas fundamentais na calidade de vida das persoas con autismo, a Federación Autismo Galicia e as súas entidades súmanse á campaña promovida por Autismo España, que baixo o lema ‘Podo APRENDER. Podo TRABALLAR’, pretende crear conciencia sobre como crear as condicións adecuadas para facer que a educación e o emprego sexan máis accesibles para o colectivo.

As persoas con  TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén que facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.

Isto é algo que vemos día a día nas nosas entidades, como co adecuado apoio moitos das nosas mozas e mozos logran terminar estudos medios ou superiores e acceder ao mercado laboral.

É realmente un orgullo mirar cara atrás e observar os avances que se produciron. Como o movemento do autismo vaise cohesionando e unindo para reclamar e impulsar solucións para as persoas con TEA en toda a magnitude que representa o espectro.  Como un grupo de pais e nais fomos quen de levar adiante iniciativas que crearan servizos para os nosos fillos e fillas, desde a obtención dun diagnóstico ata a realización das adaptacións que precisan e precisarán durante o seu proceso vital e de envellecemento.

Con todo, seguimos tendo no camiño novos retos:

Cada día son máis as persoas con autismo que teñen posibilidades de acceder a estudos e é o seu dereito tamén acceder ao mercado laboral. Persoas que precisan por tanto do compromiso da sociedade, do compromiso das entidades e do compromiso da administración.

A pesar das capacidades e potencialidades das persoas con TEA, estas seguen sendo na actualidade o colectivo da discapacidade coa taxa máis alta de desemprego, marcado pola falta de alternativas ou recursos de orientación vocacional, e pola falta dunha formación para o emprego con apoios específicos.

Todo isto dificulta a súa preparación para o acceso ao mundo laboral e por tanto para que poidan desenvolver un proxecto de vida autónomo.

As dificultades comezan xa na etapa escolar, porque o sistema educativo precisa adaptarse as súas necesidades específicas e incorporar as súas fortalezas con recursos de apoio suficientes e continúa coa falta de oportunidades para o emprego: tanto nas dificultades para acceder a formación laboral como polos propios prexuízos do tecido empresarial.

Hai unha escasa presenza do alumnado con  TEA na educación post obrigatoria, e a presenza deste alumnado na educación non universitaria foise incrementando nos últimos anos de forma significativa: 160% do curso 2011/12 ao 2018/2019). Doutra banda non hai conexión entre as últimas etapas educativas e os servizos de emprego. Debido isto á ausencia de programas específicos de apoio e de modelos de formación dual, que proporcionen non só a  cualificación técnica, senón tamén as competencias necesarias para afrontar a vida adulta e desempeñar un posto de traballo, mediante prácticas en contornas laborais reais.

VIDEO COMPLETO DO ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA no #DiaMundialAutismo

Por todas estas persoas e familias, desde hai máis de 25 anos, é labor da Federación Autismo Galicia representar, apoiar e defender os dereitos do colectivo e das 16 entidades federadas; que conforman a plataforma e amparo necesaria para a defensa dos seus dereitos e necesidades.

Cada unha destas accións levadas a cabo é un triunfo do día a día, un motivo de orgullo, de celebración e de agradecemento aos profesionais das nosas asociacións, da propia entidade da Federación, aos familiares, pais e nais, aos membros da xunta directiva e as propias persoas con  TEA, que, coa súa voz e maneira de comunicarse, van trazando cada día a folla de roteiro a seguir.

Queremos tamén lanzar unha especial mensaxe a todas as persoas con autismo e as súas familias de apoio cando se cumpre un ano desde que a crise provocada polo  Covid19 irrompeu nas nosas vidas e é que, se para toda a poboación o impacto tanto social como emocional foi difícil de xestionar para as persoas con autismo que xa de por se, precisan de rutinas e certezas, esta situación supuxo un  grandísimo reto en todas as súas vidas.

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias