Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 26/10/2021 | Xornada formativa: O ciclo vital nos TEA. Asociación Capaces Lugo.

Xornada formativa: O ciclo vital nos TEA. Asociación Capaces Lugo.

Destinado a calquera persoa interesada e persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de asociacións federadas á Federación Autismo Galicia. As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as asociadas sobre as que non son asociadas.

06/11/2021 -

O vindeiro sábado 6 de novembro temos a xornada formativa " O ciclo vital nos TEA", será impartida pola relatora Rosa Álvarez,  Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Sevilla e Master Universitario en discapacidade, integración e necesidades especiais pola Universidade de Cádiz. Directora técnica da Federación Autismo Andalucía desde o ano 2002, é membro de varios grupos de investigación e coautora de varias publicacións de referencia e traduccións sobre os Trastornos do Espectro do Autismo.

Desde 2008 exerce tamén como mestra asociada do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Sevilla, e ademais imparte cursos para profesionais en entidades dedicadas á discapacidade, centros de formación de profesorado, xornadas universitarias, etc. Membro de AETAPI, Asociación Española de Profesionais do Autismo.

Destinatarios: Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.

Lugar

Formato online na plataforma Zoom.

Horario

9:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30

Prezo

-Persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de asociacións federadas á Federación Autismo Galicia e persoas en situación de desemprego: 15 euros.

-Persoas non asociadas: 35 euros.

 

Criterios de selección

 
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as asociadas sobre as que non son asociadas.
 
Contidos
 
1. Diagnóstico, impacto na familia
2. Atención temperá e adaptación familiar
3. Etapa educativa. Necesidades
4. Factores de pronóstico e desafíos na vida adulta e posterior.
5. Adolescencia, características propias.
6. Educación Secundaria e Transición Efectiva da escola secundaria á edade adulta para adolescentes e adultosxóvenes con TEA. Orientación vocacional.
7. Relaciones románticas, sexualidade e autismo.
8. Problemas médicos e de saude en persoas con TEA. Dificultades de saúde específicas da adolescencia e a etapa adulta.
9. Vida adulta
10. Emprego e servicios relacionados para persoas con TEA.
11. Opcións residenciais para persoas con TEA.
12. Dificultades legais en adolescentes e adultos con TEA.
13. Envellecemento. 
 
 
 
Para matricularse na formación deberá de cubrir o  seguinte FORMULARIO  e facer o correspondente ingreso no número de conta de Caixa Rural Galega : ES71 3070 0031 4461 6571 5621, consignando como concepto: “Formación” e o nome da persoa que asistirá á Xornada. 
 
O prazo de inscrición péchase o vindeiro 4 de novembro de 2021.
 
 
Máis información no 619170890 e en capaceslugo@gmail.com
Lugar de celebración:

Formato online na plataforma Zoom.

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades