Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 04/10/2021 | WEBINARIO PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS “Cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade Lei 8/ 2021”

WEBINARIO PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS “Cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade Lei 8/ 2021”

ACTIVIDADE FORMATIVA EN LIÑA DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON GALLO DA REFORMA DO CÓDIGO CIVIL. Implicacións para o acompañamento das persoas con necesidades de apoio. INSCRÍBETE NO CURSO NESTA LIGAZÓN.

03/11/2021 -

DESCRICIÓN:

Actividade formativa que recolle por unha banda, a orixe desta normativa, motivos polos que realiza a reforma e en que afecta ás persoas con TEA e as súas familias. Por outra, esta reforma dentro do Código Civil e outras normas modificadas.

Dirixido a: Persoas con TEA e familias destas

Data realización: Mércores, 3 de novembro de 2021

Horario: 17.00 a 19.00 h

Evento: En Liña a través de ZOOM

 

INSCRÍBETE NO CURSO NESTA LIGAZÓN.

Prazo de inscrición:  Ata o mércores, 27 de outubro de 2021, ás 23.59 h.

Uns días antes do evento, recibirás no correo electrónico facilitado, a ligazón de acceso ao Webinario. Comproba a bandexa de spam/ non desexados.

 

PROGRAMA

DESCARGA O PROGRAMA

  • Presentación do Webinario
  • Intervención de: Dra. Eugenia Torres Costas. Doutora en Dereito. Avogada. Xestora de entidades sociais. Formadora. Membro do equipo de investigación De conflictu legum da Universidade de Santiago de Compostela.

TÍTULO: Orixe da reforma. Convenio dos dereitos das persoas con discapacidade.

  • Por que se realiza esta reforma.
  • Que modifica.
  • En que consiste e como afectara as persoas con TEA e as súas familias.

 

  • Intervención de: D. Víctor Manuel Vidal Pereiro. Notario. Delegado da Fundación Aequitas en Galicia.

Título: Reforma do código civil:

  • Figuras e medidas de apoio.
  • Outras normas que se modifican.

 

  • Rolda de preguntas
  • Peche do Webinario

 

 

Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).



 

Lugar de celebración:

En Liña a través de ZOOM.

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades