Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 27/06/2022 | Autismo Galicia avanza no seu compromiso medioambiental mediante un proxecto de mellora das súas infraestruturas e da eficiencia enerxética.

Autismo Galicia avanza no seu compromiso medioambiental mediante un proxecto de mellora das súas infraestruturas e da eficiencia enerxética.

Este proxecto conta co apoio da Fundación ONCE a través da financiación de parte das melloras que, na sede social da federación, se desenvolveron co obxectivo de mellorar a calidade ambiental e a eficiencia enerxética da entidade.

27/06/2022

A sede  da Federación Autismo Galicia, onde se leva a cabo a súa labor social, foi adquirida hai 20 anos, co apoio tamén fundamental da Fundación ONCE e da Xunta de Galicia. Xa entón se acometeu unha reforma que cumpría cos estándares legais para calquera edificación, pero co tempo se foi mudando en función das necesidades emerxentes dos servizos e, sobre todo, conscientes de que temas como a accesibilidade ou a eficiencia enerxética non se poden deixar de lado nunha entidade que é socialmente responsable e como tal debe asumir un compromiso tanto social como medioambiental.

Neste sentido, durante este ano, se realizaron accións tendentes a mellorar o noso consumo responsable e a eficiencia enerxética: se iniciou unha análise interna de valoración do estado de situación e posibles melloras, comparativas de gasto ou enquisas ao persoal sobre o seu nivel de implicación e coñecemento, este proceso se veu complementado con medidas de mellora nas súas infraestruturas como foi a substitución das ventás do espazo de oficinas e atención a persoas con TEA, familias, traballadores ou visitantes.

Este proxecto, enmarcado dentro do Programa de Goberno da entidade e que recen acabamos de iniciar, se desenvolverá de forma continua e suporá unha mellor garantía do noso compromiso social e medioambiental, así como unha mellora da calidade e confort para todas /a/s persoas que, tanto diaria como esporadicamente, fan uso das nosas instalacións. Por outro lado nos implica coas medidas e igual compromiso coa consecución dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible, ODS, aprobados polas Nacións Unidas.

 

 

Proxecto financiado pola Fundación ONCE. Entidade Promotora: Confederación Autismo España.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias