Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 27/06/2022 | A Federación Autismo Galicia forma parte da nova Xunta directiva da Confederación Autismo España da man da súa presidenta Mercdes Fernández Angulo.

A Federación Autismo Galicia forma parte da nova Xunta directiva da Confederación Autismo España da man da súa presidenta Mercedes Fernández Angulo.

Autismo España en Asemblea Xeral Extraordinaria elixe á presidenta da Federación Autismo Galicia como secretaria na súa nova Xunta Directiva que terá como principal función velar polo cumprimento do novo Plan estratéxico 2022-2025.

27/06/2022

Na reunión dos representantes das entidades socias de Autismo España quen, en Asemblea Xeral Extraordinaria, renovaron a Xunta Directiva da Confederación, elixindo as persoas que formarán parte do seu órgano reitor e de goberno durante o próximos catro anos, así como ao seu presidente.

Miguel Ángel de Casas, presidente de Autismo España desde 2015, renovou o seu cargo. Pai de Gonzalo, unha persoa con autismo, de Casas é licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Valladolid con Máster en Dirección e Administración de Empresas pola Escola de Organización Industrial de Madrid. Desempeñou postos de responsabilidade na Confederación Española de Caixas de Aforros, Cap Gemini Ernst & Young, Renault España e Unicaja Banco. No ámbito asociativo, é presidente da Federación Autismo Castela e León, membro do Consello de Administración de Autismo Europa desde 2018 e membro do Consello de Administración da Organización Mundial do Autismo (OMA) desde 2017.

 

Quenes compoñen a nova Xunta Directiva da Confederación.

Os demais membros que compoñen a nova xunta directiva da confederación son Mercedes Molina Montes, vicepresidenta da Federación Autismo Andalucía (vicepresidenta); Mercedes Fernández Angulo, presidenta da Federación Autismo Galicia (secretaria); Susana Guri Adrados, presidenta de Autismo Segovia (tesoureira); e os vogais Manuel Nevado Ojeda, presidente da Federación Autismo Madrid; Miguel Serra Heras, vicepresidente da Fundació Autisme Mais Casadevall e membro do seu padroado; e Pedro Ugarte Beira, presidente da Federación Española de Autismo (Fespau).

A nova Xunta Directiva de Autismo España terá que velar polo cumprimento do novo Plan estratéxico 2022-2025, unha ambiciosa folla de roteiro que guiará as accións da Confederación durante o próximos catro anos e que sitúa no centro de todas as actuacións ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias, así como ás entidades do movemento asociativo do autismo, con independencia da vinculación directa coa organización.

A Federación Autismo Galicia integra a Xunta Directiva da Confederación Autismo España

Coa partcicipación de Mercedes Fernádez Angulo presidenta da Federación Autismo Galicia como secretaria na xunta directiva de Autismo España, seguiremos traballando polo noso colectivo, e defendendo os seus
dereitos para crear unha sociedade diversa e velando polos intereses do colectivo do autismo. Estamos aquí para seguir construíndo espazos nos que sumar accións. Xunto a as demais entidades de Autismo España, que actulamante agrupa e representa xa a 165 entidades presentes en todas as comunidades autónomas e nas dúas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

A nova Xunta Directiva de Autismo España terá que velar polo cumprimento do novo Plan estratéxico 2022-2025, unha ambiciosa folla de roteiro que guiará as accións da Confederación durante o próximos catro anos e que sitúa no centro de todas as actuacións ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias, así como ás entidades do movemento asociativo do autismo, con independencia da vinculación directa coa organización.

 

O presidente de Autismo España, Miguel Ángel de Casas, sinalou dúas prioridades para esta nova etapa da Confederación: "incidir na especificidade do TEA e seguir traballando para dar resposta ás crecentes necesidades das persoas con autismo, poñendo de manifesto a tendencia detectada por mor do estudo sociodemográfico que a Confederación leva desenvolvendo desde o ano 2015, que o número de persoas con autismo identificadas no noso país está experimentado un considerable aumento nos últimos anos. Segundo datos oficiais (Base Estatal de Discapacidade. IMSERSO, 2019), obsérvase unha tendencia crecente de incremento das persoas con TEA no noso país do 154% desde o ano 2013".

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias