Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 20/06/2022 | A Federación Autismo Galicia presenta o video da Campaña #CÓIDOME: Ansiedade.

A Federación Autismo Galicia presenta o vídeo da Campaña #CÓIDOME: Ansiedade.

O proxecto Cóidome: o coidado da miña saúde pretende contribuír a capacitación das persoas con TEA mediante accións que contribúan á adquisición de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e habilidades funcionais nas persoas con TEA.

 

20/06/2022

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA promociona o PROXECTO COIDOME: ATENDO A MIÑA SAÚDE, co obxectivo de promover o benestar físico, psicolóxico e emocional das persoas con TEA.

Dende o programa de mellora de atención sanitaria e saúde presentámosvos un novo video da Campaña #Cóidome no que compartimos as dificultades máis habituais que presentan as persoas con TEA e propoñemos achegas e prácticas para favorecer hábitos saudables, mediante actividades para o coidado da saúde.

O proxecto Cóidome: o coidado da miña saúde pretende contribuír a capacitación das persoas con TEA mediante accións que contribúan á adquisición de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e habilidades funcionais nas persoas con TEA.

O proxecto consta de de diferentes accións e recursos audiovisuais centrados nas temática do coidado, como actividade física, coidado persoal e saúde mental, na que abordaremos a ansiedade ou a prevención de adiccións.

NESTE PROXECTO CONTAMOS COA COLABORACIÓN DAS SEGUINTES ENTIDADES DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA:

  • ASOCIACION ASPERGA
  • ASOCIACION APACAF
  • ASOCIACIÓN AUTISMO VIGO
  • FUNDACION MENELA

PRESENTÁMOSVOS O VIDEO DA CAMPAÑA #CÓIDOME: O COIDADO DA MIÑA SAÚDE.

No que compartimos algunhas das dificultades máis habituais que presentan as persoas con TEA e propoñemos achegas sinxelas e prácticas para favorecer hábitos saudables, mediante actividades para o coidado da saúde.

A través do programa de mellora de atención sanitaria e saúde da Federación Autismo Galicia presentamos o video: “Cóidome: Ansiedade.

En relación a benestar socio-emocional as persoas con TEA son máis vulnerables a padecer condicións de saúde mental, o 27 % das persoas con TEA ten un diagnóstico asociado diferente aos que se poderían derivarse do autismo.

A ansiedade é un aspecto que vai da man do TEA con moita frecuencia. As persoas con TEA  a viven de maneira moi intensa e permanente. A ansiedade esta presente nunha porcentaxe alta de persoas con TEA (42%-79%, Kerns, 2017). Hai factores desencadeantes da ansiedade que son propios do TEA, pero outros teñen que ver coa relación co contorna social e física. Que a ansiedade afecte especialmente ás persoas con TEA se debe fundamentalmente por dous motivos. O primeiro deles é a dificultade na regulación emocional, habitual nas persoas con TEA. O segundo de difícil interpretación para a persoa con TEA (a linguaxe non verbal, os contextos, as xerarquías etc.).

Debemos ser quen de previr e detectar a ansiedade  e abordar aqueles signos que poidan ser modificables con estratexias guiadas por un profesional.

Estas estratexias deben completarse coas outras que afectan indirectamente a estes niveis de ansiedade, como por exemplo o adestramento en habilidades sociais, a comunicación, as claves non verbais da interacción entre as persoas e os factores que teñen que ver con realizar cambios na contorna.

Os nosos compañeiros de Asperga cóntanvos máis sobre detectar e intervir na ansiedade  en:

Actividades financiadas polo convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias