© Federación Autismo Galicia | 21/10/2020 | SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA
A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA LANZA O SEU SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA E CHAMA ÁS SÚAS ENTIDADES A CONFORMAR A REDE DE ENTIDADES DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA
Como referentes en accesibilidade cognitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, unha das prioridades de Autismo Galicia, é mellorar a calidade de vida das persoas con TEA, e achegar as medidas necesarias de accesibilidade cognitiva a toda a comunidade.
O servizo de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia, crece e se expande debido a demanda e a necesidade como liña estratéxica de actuación de garantir a accesibilidade cognitiva para todas as persoas con TEA.
Mediante as súas accións incide na creación de contornas accesibles a través do establecemento de medidas de accesibilidade cognitiva que favorezan a comprensión de información e utilización de espazos e servizos por parte das persoas con TEA.
Para facer deste, un mundo máis accesible, faise imprescindible a sensibilización dos diferentes sectores e servizos da nosa sociedade, facéndolles conscientes da necesidade de establecer medidas de accesibilidade cognitiva, que faciliten o acceso e o uso dos servizos, a todas as persoas.
O SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA
Dende o ano 2013, a Federación Autismo Galicia ven desenvolvendo diferentes proxectos no ámbito da accesibilidade cognitiva, co obxectivo de converter os diferentes espazos e servizos en contornas accesibles, aos que poidan acceder e facer uso todas as persoas.
Ao longo de todos estes anos e ata o día de hoxe, instalamos 11.775 pictogramas, tanto en espazos públicos como privados dos diferentes ámbitos: educativo, social e sanitario, acompañados sempre de accións formativas sobre trastorno do espectro do autismo e accesibilidade cognitiva.
Neste ano 2020, transformamos o programa nun servizo, como referentes especializados, avalados por anos de traxectoria, coñecemento na súa aplicación e levado acabo por persoal especializado en materia de trastorno do espectro do autismo e coñecemento específico en accesibilidade cognitiva aplicada ao mesmo.
As medidas que se levan a acabo dende o servizo de accesibilidade cognitiva xiran entorno a tres eixes principais:
- A avaliación das necesidades e barreiras cognitivas dos teus espazo, bens ou servizos.
- A sinalización dos mesmos, con pictogramas que faciliten ás persoas con dificultades cognitivas e de comunicación, o acceso, uso e a súa comprensión.
- A formación ou asesoramento para mellorar a túa comunicación e a interacción social, no caso de que pola túa actividade profesional ou persoal, teñas relación ou trato con persoas con TEA.
Onde se desenvolve o noso servizo?
Crees que calquera contorna pode ser accesible? A resposta é si.
A aplicación destas medidas levámolas a cabo nos diferentes contextos: sanitario, educativo e social, tanto en entidades públicas como privadas.
Co establecemento destas medidas tanto en espazos públicos como privados, este servizo convértese á súa vez nunha fonte de sensibilización sobre a realidade das persoas con TEA.
PONSE EN MARCHA A REDE DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA.
Como referentes en accesibilidade cognitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, unha das prioridades de Autismo Galicia, é mellorar a calidade de vida das persoas con TEA, achegando as medidas necesarias de accesibilidade cognitiva a toda a comunidade.
Contamos para isto coa conformación da Rede de Accesibilidade Cognitiva, creando un sistema de traballo en rede, coordinado e de colaboración, entre a Federación e as súas entidades federadas.
Destacando a importancia do traballo conxunto e actuando dende os diferentes equipos das entidades e da Federación, especializados na aplicación do servizo de accesibilidade, e na implantación das accións e medidas de accesibilidade cognitiva que favorezan a comprensión de información e utilización de espazos e servizos por parte das persoas con TEA e as súas familias.
A quen beneficia a accesibilidade cognitiva?
Tendo en conta os diferentes contextos nos que se poden levar a cabo todas estas accións, a accesibilidade cognitiva beneficia, ademais das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), a un abanico moito máis amplo de poboación como por exemplo: persoas con discapacidade intelectual ou sensorial ( auditiva, visual). Persoas con trastornos do linguaxe ou que non saben ler. Persoas maiores, nenos e nenas e persoas estranxeiras que non coñecen o idioma.
CREAMOS UNHA WEB ESPECÍFICA: A WEB DO SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA
A Federación Autismo Galicia implementa unha web dedicada exclusivamente ao Servizo de Accesibilidade Cognitiva, os seus proxectos e accións, así como a ofrecer toda a información sobre o funcionamento do mesmo e unha gran cantidade de información útil sobre accesibilidade cognitiva.
Consulta a nosa web facendo clic na imaxe.