Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 19/02/2021 | Acto institucional da Federación Autismo Galicia con motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger.

Traballo e educación, por un futuro mellorable, e brillante para as personas dentro do espectro.

Así falaron as persoas con TEA no Acto institucional da Federación Autismo Galicia con motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger, no WEBINAR ASPERGER E ACTUALIDADE e Presentación da Revista MAREMÁGNUM: AUTISMO(S).

19/02/2021

Onte o colectivo do Autismo en Galicia representado pola Federación Autismo Galicia, celebrou o Dia Internacional da Síndrome de Asperger coa presenza de Dna.Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social, José Mira Lema, Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional, a presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, na compaña de representantes das  entidades da Federación Autismo Galicia, relatores e relatoras da xornada, así como persoas co Autismo, profesionais e familias.

A presentación oficial deu paso logo a unha Xornada aberta a todo público, de conferencias e entrevistas a persoas con TEA,  na que se falou da actualidade da Síndrome de Asperger e presentouse o novo número da  Revista MAREMÁGNUM editada pola Federación Autismo Galicia

 

O noso lema do día foi FAI ESPAZO #HAZEspacio. Presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.

Fai espazo ás persoas con síndrome de Asperger. Fai espazo para que as persoas con Asperger poidan aprender e poidan traballar. Fai espazo ás persoas con Asperxer na Formación profesional

En palabras da presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, "Até hai pouco tiñamos un descoñecemento practicamente total do TEA, xa que non afecta a todas as persoas por igual e non ten trazos visíbeis que o identifiquen"

“É realmente un orgullo mirar cara atrás e observar os avances que se teñen producido: cómo o movemento do autismo se vai cohesionando e unindo para reclamar e impulsar aquelas solucións para as persoas con TEA en toda a magnitude que representa o espectro, cómo un grupo de país e nais fumos quen de levar adiante iniciativas que crearan servizos para os nosos fillos e fillas , dende a obtención dun diágnostico ata a realización das adaptacións que precisan e precisarán durante o seu proceso de envellecemento.

Non obstante, e a pesar do dito, seguimos tendo no camiño novos retos: nos últimos anos asistimos a un crecemento exponencial no número de persoas, nenos e nenas, homes e mulleres, que chaman as nosas portas na procura de respostas.”

A presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo comentou que “A pesar das capacidades e potencialidades das persoas con TEA, éstas seguen sendo na actualidade o colectivo da discapacidade coa tasa mais alta de desemprego, marcado pola falta de alternativas ou recursos de orientación vocacional, e dunha  formación para o emprego con apoios específicos, todo isto dificulta a súa preparación para o acceso ao mercado laboral e polo tanto para que poidan desenvolver un proxecto de vida autónomo.

As dificultades comezan xa na etapa escolar, porque o sistema educativo precisa adaptarse as súas necesidades específicas e incorporar as súas fortalezas con recursos de apoio suficientes e continúa coa falta de oportunidades para o emprego: tanto nas dificultades para acceder a formación laboral como polos propios prexuizos do tecido empresarial.”

A Conselleira de Política Social apoia as entidades membro da Federación Autismo Galicia.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou a aposta da Xunta pola atención temperá e a educación no apoio ás persoas coa Síndrome de Asperger e as súas familias. Así o manifestou durante a súa intervención no acto institucional organizado por Autismo Galicia con motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger.

Fabiola García sinalou que esta efemérides é unha oportunidade para dar visibilidade ao trastorno do espectro autista, apoiar ás familias que conviven con esta situación e agradecer ás entidades sociais o seu traballo para unha maior inserción deste colectivo a nivel social, laboral e educativo.

José Mira Lema, Secretario Xeral de Educación e Formación Profesional

A realidade das persoas con Aspeger.

Con todo, ben sabemos que a realidade da persoas con TEA é moitas veces moi complexa, e que o que definitivamente marca a diferenza no seu pleno desenvolvemento, é tal e como se tratou nestas intervencions a importancia dun diagnóstico temperá, e o acompañamento e continuidade nos apoios necesarios para achegarnos a unha vida independente.

Coñecer esas necesidades e realidades das persoas con TEA, e poder acceder ao estudo, a un apoio integral e de carácter transversal, que lles permita desenvolver as Competencias necesarias para procura dun traballo.

Por esto é fundamental

  • A Mellora na detección e identificación temperá das súas características, co obxectivo de acceder canto antes a un diagnóstico especializado e aos apoios específicos que precisa a persoa.
  • Garantir o acceso e goce dunha educación individualizada, inclusiva e de calidade en todas as etapas educativas, incluíndo as postobligatorias (formación profesional, ensinos universitarios...).
  • Favorecer unha educación libre de bullying e acoso escolar, garantindo a prevención, identificación e intervención especializada que o faga posible.
  • Promover o acceso ao emprego e o desenvolvemento da carreira profesional, favorecendo a sensibilización e implicación do tecido empresarial e garantindo os recursos de apoio individualizados que precise cada persoa.

A campaña de concienciación que se puxo en marcha sinalou que os programas de Formación Profesional, e especialmente os modelos de FP dual, pola súa alta empregabilidade, representan unha boa alternativa para garantir o acceso ao emprego das persoas con  TEA.

Non só facilítalles unha capacitación técnica e as competencias prácticas para o desenvolvemento dun traballo, senón que ademais achégalles a parte social, cunhas interaccións sociais que ata ese momento non viviron.

Como declara Rita González, presidenta de Asperga, “Non cabe dúbida de que o emprego é unha medio clave para a inclusión social. As persoas con discapacidade e en concreto os homes e mulleres con TEA son un dos colectivos con maior dificultade á hora de acceder ao mercado laboral. Hoxe en día existe máis compromiso por parte das empresas en ofrecer oportunidades de emprego ás persoas con discapacidade, pero aínda queda un longo camiño por percorrer para lograr a igualdade no acceso ao emprego.

Existe un gran descoñecemento sobre as competencias e aptitudes laborais das persoas con TEA na sociedade. As empresas descoñecen o valor que poden achegar estas persoas na súa desempeño laboral.”

Presentación da REVISTA MAREMÁGNUM: AUTISMO(S)

Para finalizar o acto Cipriano Luis Jiménez Casas, membro do Consello Asesor de Autismo Galicia, e Director da Revista Maremagnum, presentou o ultimo número da Revista dando paso as intervecións de Yolanda Rodríguez Dieguez, Logopeda colaboradora na revista Maremágnum, e  Cristina Eiroa Pazos e María Covadonga Fernández Ponce. Servizo Residencial e terapéutico de Asociación Aspanaes, que falaron dos apoios necesaros para a vida independente.

Cipriano Luis Jiménez Casas comentou que "A persoa autista pode vivir feliz nun contexto ou nunha idade na que atopen o seu lugar, pero vense afectados noutros contextos menos compracentes. O que nós facemos non sempre lles interesa ás persoas autistas. Isto hai que sabelo e entendelo. Por iso os autistas claman continuamente de non facer nada sen que eles mesmos participen.

Si é certo que a anticipación do que vai pasando ao longo do día tranquiliza os autistas. É o reto que teñen os educadores e as propias familias, de ter que anticiparlle as tarefas que os tranquilicen nas actividades da vida diaria."

 

Moitas grazas a todas e todos pola vosa presenza e por sumar neste contexto tan importante para as persoas con TEA.

 

Unha actividade organizada pola Federación Autismo Galicia e subvencionada pola Xunta de Galicia. Consellería de Política Social.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias