Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 11/09/2020 | A Xunta de Galicia establece novas medidas en residencias e centros de día.

A Xunta de Galicia establece novas medidas en residencias e centros de día para paliar as consecuencias das restriccións de movilidade

A Federación Autismo Galicia valora positivamente estas medidas á espera de coñecer os detalles dos protocolos e incide na necesidade de apoios que garantan a sostenibilidade dos servizos.

11/09/2020

O Consello da Xunta deu conta dos acordos adoptados onte polo comité clínico de expertos para a pandemia da covid-19 que afectan ás residencias e centros de día.

A Federación Autismo Galicia valora positivamente estas medidas á espera de coñecer os detalles dos protocolos e incide na necesidade de apoios que garantan a sostenibilidade dos servizos

 

Tentando paliar as consecuencias da restrición da mobilidade e do contacto social que poden sufrir os usuarios dos centros residenciais, este protocolo, que entrará en vigor nos vindeiros días, responde á preocupación dos expertos sobre as consecuencias que o illamento pode ter na saúde física, psíquica e emocional dos residentes. Con este protocolo, trátase de manter o equilibrio entre a necesidade de evitar os contaxios e manter a interacción entre os residentes e os seus seres queridos.

As novas medidas céntranse na realización de cribados selectivos e constantes, na regularización das visitas nos centros sociosanitarios e na inspección inmediata nos centros onde aparezan varios casos.

Deste xeito, o documento establece:

Visitas as residencias

  1. O límite das visitas a unha persoa por residente, cunha duración máxima dunha hora ao día e extremando as medidas de prevención.
  2. Para realizar as visitas deberá solicitarse cita previa, os visitantes deberán estar no centro con antelación e se lles realizará unha avaliación para detectar posibles síntomas. Ademais, deberán desinfectar mans, respectar distancias e usar máscara.
  3. Así mesmo, e se é posible, a visita terá lugar nun lugar aberto axardinado. E cando non, habilitarase unha sala específica cerca da entrada, ventilada con aire exterior e con circuítos de entrada e saída.

 

Saídas durante a fin de semana ao domicilio familiar

Este acordo  tamén  recolle que as persoas con discapacidade que realizan habitualmente saídas durante a fin de semana ao domicilio familiar poidan seguir facéndoo, realizándoselles un test cando volvan ao centro.

 

Plan de control de traballadores nas residencias

Coa posta en marcha de cribados constantes entre o persoal dos centros sociosanitarios. Así, cada 15 días faranse un cribado das 15.000 traballadores que están nas residencias e centros de maiores e discapacidade, é dicir, ao 100% do persoal. Adicionalmente, levarase a cabo unha mostraxe aleatoria entre os usuarios das 300 residencias de Galicia, para unha vez máis anticiparse e detectar posibles incidencias antes de que se produzan síntomas.

 

Manter abertos os centros de día

Confímase ademais que o comité clínico está a traballar na elaboración dunhas instrucións para poder manter abertos os centros de día, aínda nos casos en que estean en zonas con restricións, sempre de acordo cun protocolo que entrará en vigor na próxima semana.

O obxectivo deste protocolo reforzado é manter o funcionamento dos centros de día a pesares de que existan restricións no termo municipal no que se emprazan.

A Federación Autismo Galicia valora positivamente estas novas medidas na procura de manter a continuidade da atención terapéutica fundamental para que as persoas con TEA continúen desenvolvendo e mantendo a súa autonomía persoal , así como garantir o mantemento das relacións sociais e familiares no caso das persoas que residen nos centros especializados.

Esperamos a súa vez coñecer os detalles dos protocolos que desenvolverán as medidas acordadas, así como seguir incidindo na necesidade de contar con novas medidas extraordinarias de apoio económico para garantir tanto a saúde e seguridade das persoas con autismo e traballadores/as, como a sostenibilidade dos servizos especializados nas entidades prestadoras dos mesmos.

Archivada en:
Infórmate > Noticias