Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2021 | A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA firma o convenio de colaboración co SERVIZO GALEGO DE SAÚDE para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA firma o convenio de colaboración co SERVIZO GALEGO DE SAÚDE para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

Autismo Galicia seguirá traballando este ano nas liñas establecidas con diferentes accións no eido da saúde. Así mesmo o conselleiro de Sanidade, destacou o fito de introducir as persoas con TEA como colectivo prioritario na vacinación.

12/05/2021

No día de hoxe reuníronse representantes da Federación Autismo Galicia: Mercedes Fernández Angulo, presidenta da federación; José Manuel Varela, responsable de tesourería; Cipriano Jimenez Casas, representante do consello asesor; e Patricia Blanco Riveiro, xerente da Federación Autismo Galicia, xunto coa presenza de membros representantes do Servizo Galego de Saúde: Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, Sinda Blanco, subdirectora xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas; Josefina Monteagudo Romero, xefa de gabinete,  Alfonso Alonso Fachado, subdirector xeral de xestion asistencial e Innovación en Servizo Galego de Saúde; e Maria Tajes Alonso, xefa do servizo de Saúde Mental do Sergas, para asinar o convenio de colaboración que recolle as accións de  formación, sensibilización e accesibilidade na contorna sanitaria.

Palabras da presidenta da Federación Autismo Galicia

A presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, dedicóu sentidas palabras de agradecemento aos profesionais sanitarios pola súa dedicación e esforzos na atención durante a crisis da Convid19 e a Consellería de Sanidade por manter sempre una canle de escoita atenta, reflexiva e aberta coa Federación e co colectivo de persoas con Tea que representamos.  

As persoas con TEA colectivo prioritario na vacinación

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, destacou o logro e o fito de introducir as persoas con TEA como colectivo prioritario na vacinación. Acordado na Comisión de Saúde Pública como avance na Estratexia de Vacinación fronte á Covid-19 coa incorporación de novos colectivos vulnerables.

O valor dos materiais didácticos no marco do convenio co SERGAS.

Maria Tajes Alonso, xefa do servizo de Saúde Mental do Sergas, destacou a importancia dos materiais didácticos realizados pola Federación Autismo Galicia, no marco do convenio para a comunicación co paciente con TEA e o diagnóstico da muller con TEA.

Novo servizo de diagnóstico especializado en TEA

Así mesmo Alfonso Alonso Fachado, subdirector xeral de xestion asistencial e Innovación en Servizo Galego de Saúde, fixo una explicación da importancia e relevancia do novo servizo de diagnóstico especializado en TEA, como referente para o diagnóstico do Trastono do Especto do Autismo, e para dar o apoio necesario as familias e profesionais do resto de áreas sanitarias.
Recollendo tamén a proposta da Federacón Autismo Galica de crear un espazo de interlocución conxunta para coordinar este traballo sobre ou diagnóstico.

Josefina Monteagudo Romero, xefa de gabinete, destacou o valor do traballo conxunto coa Escola de Saúde para Cidadáns.

O Convenio de colaboración entre Autismo Galicia e o SERGAS

O Convenio de colaboración entre Autismo Galicia e o SERGAS ten por obxecto desenvolver actividades:  de sensibilización á sociedade, formativas no ámbito do TEA, de promoción da saúde e de melloras en accesibilidade cognitiva.

No ano anterior o traballo que se desenvolveu no marco de colaboración, mantivo determinadas acción no que se formaron a 190 profesionais do ámbito social e sanitario en temas que cobren a atención as persoas con TEA, da man de docentes de recoñecido prestixio.

Realizáronse campañas de sensibilización ou transferencia de coñecemento, como as xornadas sobre a Síndrome de Asperger, na que asistiron 134 participación ou a divulgación da Guía da detección de detección do TEA nas Mulleres ou campañas de promoción da humanización ou accesibilidade do sistema sanitario.

Accións ante a Covid19

A situación da pandemia da COVID 19 fixo necesario darlle prioridade á atención ás persoas con TEA no contexto da crise sanitaria. Para iso desenvolvemos colaboracións con dúas das nosas entidades (Aspanaes e Menela) e cos seus equipos técnicos. A colaboración consistiu en elaborar materiais de anticipación para as probas médicas relacionadas co COVID-19 ou procesos de incorporación de novos hábitos de vida saudables e habilidades funcionais e, doutra banda, unha serie de vídeos de apoio a persoas con TEA en tempo de confinamento: xogos, saúde, hixiene, deporte.

Para prestarlle máis apoio as persoas con TEA e as familias naqueles aspecto da vida e saúde que puideron verse afectados pola situación, desenvolveu información e orientación a través de unha serie de “Saúde Consellos”. 

 Autismo Galicia puxo en marcha, dentro destes programas, a WEB INFO COVID AUTISMO GALICIA, que recolle todos estes materiais, e funciona como un potente recurso ao servizo do público en xeral, profesionais e as familias en particular, onde se deu cabida e recolleu a información actualizada e veraz, así como a todos os recursos xerados ao longo do ano.

Tamén se realizou a edición da “Guía de Comunicación e atención ao Paciente con TEA” co obxectivo de facilitar orientacións na comprensión das características das persoas con TEA e propostas de mellora para súa atención, así como mellorar a comunicación na reciprocidade médico-paciente.  E o vídeo “Comunícame” de carácter divulgativo e formativo onde dúas persoas con TEA da Asociación TRASCOS de Ourense, explicáronnos e manifestado, desde a súa experiencia, a súa opinión para a mellora da comunicación na contorna sanitaria.

Planificación e futuras accións no eido da saúde

Autismo Galicia seguirá traballando este ano nas liña establecidas a través de campaña de difusión en RRSS e web sobre saúde, humanización e accesibilidade dos servizos sanitarios. Campañas de promoción e difusión para a detección na muller con TEA a través de un webinar, con conferencias centradas en información para mellorar a detección na muller e experiencias personais por mulleres con TEA que contribuén a reforzar o coñecemento do autismo na muller.

Cursos de formación específicos na atención as necesidades das persoas con TEA e as demandas formativas realizadas por profesionais do ámbito do TEA, como son a educación afectivo-sexual nas persoas con TEA ou as prácticas máis recomendadas en atención temperá.

Seguiremos capacitando os profesionais de saúde sobre atención e comunicación coas persoas con TEA a través de materiais audiovisuais.

Desenvolveremos actividades de promoción da saúde, adquisición de hábitos de vida saudables e habilidades funcionais nas persoas con TEA, a través da colaboración das nosas entidades e a súa especialización nas persoas con TEA,na intervención e atención da saúde mental ou do coidado da súa saúde a través da actividade física ou da hixiene e coidados persoais.

Así mesmo, seguiremos desenvolvemento actividades de mellora da accesibilidade cognitiva, detectando barreiras e facilitando a comprensión da información en diferentes espazos e servizos ás persoas con TEA.

Archivada en:
Infórmate > Noticias