Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/03/2023 | CERMI Galicia e Renfe analizan as necesidades das persoas con discapacidade á hora de viaxar en tren.

Autismo Galicia como integrante do CERMI Galicia colabora con Renfe analizando as necesidades das persoas con discapacidade á hora de viaxar en tren.

Na comunidade galega hai preto de 250.000 persoas con diferentes tipos de discapacidade e moitas usan o tren como medio de transporte nos seus desprazamentos.

29/03/2023

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) e a compañía Renfe, no seu compromiso coa accesibilidade e a non discriminación das persoas con distintas discapacidades, analizaron as necesidades das persoas con discapacidade a hora de viaxar en tren.
Así o fixeron durante un encontro presencial celebrado na Coruña, no que valoraron as necesidades, expectativas, emocións e vivencias do colectivo de persoas con algún tipo de discapacidade, xa sexa visual, auditiva, intelectual ou de mobilidade, entre outras, á hora de viaxar en tren.

Neste sentido, e co obxectivo de seguir traballando en prol da accesibilidade, Renfe celebrará na primavera o II Foro de Experiencia Cliente en Galicia, unhas xornadas pioneiras que en 2022 xa se celebraron en Vigo, A Coruña e Ourense, con viaxeiros recorrentes dos servizos de Media Distancia e Avant galegos.
Trátase de coñecer cal é a súa experiencia de viaxe, desde que adquiren o seu billete nas diferentes canles de venda, ata que chegan á estación, acceden ao tren, conclúen a súa viaxe na estación de destino ou usan o servizo de postventa.


Autismo Galicia co CERMI Galicia e Renfe, impulsarán melloras para que a experiencia do cliente sexa o máis satisfactoria posible e responda as demandas dos seus viaxeiros, incluído o colectivo de persoas con discapacidade e as súas familias. “A aspiración de calquera persoa con discapacidade é a de viaxar só. Con todo, moitas persoas con discapacidade necesitan apoios e o tren debe ser o suficientemente inclusivo para que eses apoios sexan os mínimos necesarios”, destacou o presidente de CERMI en Galicia, Luciano Fernández.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias