Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 24/04/2023 | Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA para profesionais

Curso Exercicio físico e deporte nas persoas con TEA para profesionais

Obxectivo do curso: Dinamizar e adaptar o exercicio físico e deporte para fomentar os hábitos de vida saudable e a participación das persoas con TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o martes, 9 de maio de 2023 ás 12h.

13/05/2023 -

Destinatarios: O curso está destinado a profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social, educativo e sanitario interesados no TEA.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

DATAS: Sábado 13 e domingo 14 de maio de 2023

Nº DE HORAS: 14 (8 horas teóricas e 6 horas prácticas)

HORARIOS:

  • Sábado 13: De 9h. a 13h. e de 15h. a  19h. 
  • Domingo 14: De 9h. a 13h. e de  15h. a 17h.

 

MODALIDADE: Presencial no Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)

PERSOAS DESTINATARIAS: Profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como outros/as profesionais do ámbito social, educativo e sanitario interesados/as no TEA.

Nº DE PRAZAS: 25

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o martes, 9 de maio de 2023 ás 12h.

*Confirmaremos a praza (ou lista de espera) e facilitarase o número de conta bancaria para realizar o ingreso, unha vez finalizado o prazo de inscrición.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

PROGRAMA:

SÁBADO, 13 DE MAIO

Autismo e Educación Física (9h. a 13h.)

  • Que beneficios achega o exercicio físico?
  • Por que realmente son importantes as actividades físico-deportivas no autismo en todas as etapas do ciclo vital?
  • Alteracións da motricidade producidas por deficiencias a nivel do sistema vestibular, propioceptivo, etc.
  • Utilización de actividades deportivas para a regulación emocional e conduta.
  • Familias: formas de traballar, colaborar e apoiar ás familias de persoas con TEA.

Apoio ás persoas con TEA (15h. a  19h.) 

  • Exercicio físico individual e/ou colectivo: apoio para a comprensión de normas, competitividade, etc.
  • Adaptación das actividades para a mocidade con percepcións sensoriais alteradas.
  • Materiais a utilizar. Adaptación de materiais.
  • Zonas de traballo adecuadas: seguridade, precaucións,etc. Aspectos relevantes na preparación das sesións de Educación Física en interior exterior.
  • Xestión do tempo e espazo.
  • Acceso e evolución das persoas con TEA nas actividades físicas.

DOMINGO, 14 DE MAIO

Da teoría á practica (9h. a 13h. e de  15h. a 17h.)

  • Casos teórico-prácticos
  • Traballo en equipo para a organización, estruturación e resolución de problemas relacionados coa Educación Física e o autismo.
  • Espazo para preguntas e exposicións.

 

DOCENTE:  Sergio Gómez Gallo

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Especialidade en deportes colectivos, recreación deportiva e traballo e educación en poboacións con necesidades especiais. Fundador e Director de empresa Deportea, destinada ao traballo con persoas con necesidades especiais. Traballo enfocado na actividade física e o deporte para a mellora  psicomotriz de persoas con Autismo e todo tipo de trastornos que afecten á motricidade. Profesor e responsable da área de Educación Física en Chester College International School.

 

 

 

 

Organiza: Federación Autismo Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lugar de celebración:

 Centro deportivo D´ocio (Silvouta, 89, 15896, Santiago de Compostela)

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades