Cookies

Noticias 

© FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA | 27/06/2022 | A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA pon en marcha o seu ESTUDO DE ENVELLECEMENTO.

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA pon en marcha o seu ESTUDO DE ENVELLECEMENTO.

Lanzamos enquisa de análise para a recollida de información do proceso de envellecemento da persoa con tea maior de 40 anos

04/07/2022

A Federación Autismo Galicia lanza enquisa de análise para a recollida de información do proceso de envellecemento da persoa con tea maior de 40 anos.

Se tes TEA e 40 anos ou máis, ou eres familiar dunha persoa  con TEA maior de 40 anos, axudanos cubrindoa enquisa de Avaliación do Proceso de Envellecemento: PREME AQUÍ PARA CUBRIR O FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN NA ENQUISA

Queremos analizar a realidade de forma máis exhaustiva na nosa comunidade. Por iso necesitamos da información das persoas con Autismo (TEA) e as súas familias nesta análise. Na idea de acompañar e servir de axuda ás persoas con TEA e ás súas familias, ao longo da súa vida queremos coñecer como se están a preparar ou transitan pola idade madura.

Froito deste interese, e dentro dun proxecto no que tamén participan as nosas entidades asociadas, creamos esta enquisa co fin de recabar información sobre como estades a facer fronte a este proceso. Os resultados servirannos para definir protocolos de actuación e mellorar os servizos que prestamos ás persoas con TEA .

Queremos analizar a realidade de forma máis exhaustiva na nosa comunidade. Por iso necesitamos da experiencia das persoas con TEA e as súas familias na recollida desta información.

Tanto as persoas con TEA como as súas familias desempeñan unha función moi relevante na propia prestación dos apoios. A implicación das familias na intervención é imprescindible, e a súa participación identifícase como un factor fundamental para o éxito. Tedes polo tanto, un papel fundamental na mellora da calidade de vida das persoas con TEA, en un marco de coordinación e colaboración cos profesionais especialista en TEA implicados.

ENQUISAS DE AVALIACIÓN PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS.

Polo que vos pedimos que nos axudedes coa vosa opinión na recollida de información

Enquisa de Avaliación do Proceso de Envellecemento: PREME AQUÍ PARA CUBRIR O FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN NA ENQUISA

Desde a Federación Autismo Galicia apostamos por todo o que signifique avanzar en investigación, información e transferencia de coñecemento. A túa opinión é de gran axuda para o coñecemento sobre o TEA e as melloras na atención a todas as persoas con TEA e a súas familias.


 

 

Subvencionado por Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias