Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 15/05/2023 | ENCONTRO CON PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA INTEGRADO PARA O FOMENTO DA EMPREGABILIDADE 2022

ENCONTRO CON PERSOAS PARTICIPANTES NO PROGRAMA INTEGRADO PARA O FOMENTO DA EMPREGABILIDADE 2022

A reunión do grupo de dicusión tivo lugar o 25 de abril na Coruña onde participaron persoas da Federación Autismo Galicia, 3 persoas da Asociación Asperga e 3 da Asociación Aspanaes, do programa de emprego do 2022 acompañados das orientadoras do programa María José Vaamonde Miraz e Maribel Pérez Ardao.

15/05/2023

Desde EAPN Galicia convocaron a reunión para elaborar un Manual de Boas Prácticas para a Inserción Sociolaboral e presentalo na Consellería de Emprego e Igualdade, co fin de que sexa tido en conta para unha mellor abordaxe desta cuestión.

Para isto se fixo unha reunión amodo de consulta coas persoas que pasaron polo PROGRAMA INTEGRADO PARA O FOMENTO DA EMPREGABILIDADE durante o ano 2022, das entidades a FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA e FEDERACIÓN DOWN GALICIA.

Este PROGRAMA INTEGRADO PARA O FOMENTO DA EMPREGABILIDADE DE PERSOAS VULNERABLES, ao amparo do Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, EAPN Galicia, e a Federación Autismo Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e Resiliencia, permite ás persoas con autismo mellorar as súas posibilidades de acceso ao Emprego.

Os temas abordados detectaron o que máis se proveitou do programa,  as limitacións ou dificultades atopadas, e como repercutiu a nivel persoal, social e laboral, así como que podería facerse mellorar no futuro. Esta enquisa activa ao grupo de persoas con discapacidade senta as bases de como mellorar as políticas de inserción sociolaboral. Falaron do seu paso polo programa de emprego que estase a coordinar con  Autismo galicia, Down Galicia e 12 entidades máis.

Como concusións as persoas partcipantes valoraron do seu paso polo programa:

  • os itinerarios realmente personalizados e adaptados ás súas necesidades
  • a mellora do seu autocoñecemento
  • poder compartir tempo e obxectivos con persoas na súa mesma situación

 

E demandan:

  • Máis sensibilización que elimine estereotipos das empresas e a sociedade en xeral
  • O cumprimento efectivo das cotas de discapacidade nas empresas nos programas de inserción sociolaboral
  • A inclusión de servizos de apoio psicolóxico para participantes e as súas familias

 

 

Un programa que executa a Federación Autismo Galicia, e que conta co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Traballo e Economía Social no marco do PRTR (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia) e coordinado desde EAPN Galicia.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias