Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 15/05/2023 | CERMI Galicia reúnese coa Comisión parlamentaria para o seguimento das políticas sobre a discapacidade.

CERMI Galicia reúnese coa Comisión parlamentaria para o seguimento das políticas sobre a discapacidade.

O encontro enmárcase nas actividades realizadas pola entidade polo Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.

 

15/05/2023

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) reuniuse este mércores coa Comisión especial non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade e elaboración de novas propostas a favor da integración das persoas con discapacidade do Parlamento de Galicia.


Este encontro produciuse no marco das actividades que a entidade do movemento asociativo da discapacidade de Galicia está a levar a cabo con motivo da celebración do Día Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade o 3 de maio.


Na reunión, na que participaron representantes das entidades membro de CERMI Galicia e deputados do Partido Popular, do PSOE e de BNG; presentouse o manifesto correspondente ao 3 de maio deste 2023. Ademais, expuxéronse as inquietudes do movemento das persoas con discapacidade sobre temas como o espazo sociosanitario ou a previsión de futuro do mantemento das entidades.
Tamén se trasladaron as peticións destas entidades sobre a accesibilidade cognitiva e o deseño de modelos e convocatorias tendo en conta as especificidades de cada discapacidade.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias